Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Amosan os nomes dos primeiros catro concelleiros do futuro goberno de Nigrán.

Amosan os nomes dos primeiros catro concelleiros do futuro goberno de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Alberto Valverde e a futura concelleira de cultura Liliana Silva falan con Carlos Méxiome (IEM)

.O goberno electo de Nigrán amosa aos responsables das concellerías de seguridade, urbanismo, turismo, cultura, deportes e vías e obras do concello.

.Seguridade será asumido persoalmente polo futuro alcalde Alberto Valverde por razoes de "importancia" do tema.

O futuro alcalde de Nigrán, Alberto Valverde asumirá en persoa a concellería de Seguridade do municipio. Nun adianto dos catro primeiros nomes que ocuparan cargos no futuro goberno municipal, Valverde sostivo que o tema da seguridade é "un área que por su importancia y circunstancias quiero llevarla yo en primera persona". O arquitecto técnico Ignacio Vilas, da parroquia de Priegue, será o encargado da concellaría de Urbanismo, segundo un comunicado oficial do PP de Nigrán.

A maioría absoluta conseguida nas eleccións do pasado domingo polos populares, fan que o equipo do futuro alcalde xa este a traballar na conformación do próximo goberno municipal. Ademais do cargo de Alcalde, Valverde asumirá en persoa a concellería de Seguridade. A número catro da lista, Liliana Silva terá a responsabilidade en materia de Turismo, Cultura e Deportes. O empresario de San Pedro da Ramallosa, José Álvarez terá ao seu cargo Vía e obras do municipio.

Seguridade unha materia que o futuro alcalde levará en persoa.

Consultado por Valminor.info sobre si entendía que había algunha "alarma en materia de seguridade no concello", descartou o punto. Informou que trátase dunha materia sensible, nunha situación complicada, que hai pouco rematou co actual alcalde "cun chaleco e dirixindo o tránsito". Valverde entende que o tema da organización e funcionamento policial debe resolverse con prontitude e que sente a necesidade de facerllo en persoa.

Con relación ao resto das concellerías, Alberto Valverde sinalou que no correr desta semana se darán a coñecer o seus responsables. A tarefa está case rematada pero aínda quedan detalles para darllas a coñecer,afirmou. Valverde sinalou as tres características que o seu equipo tivo en conta á hora das designacións: preparación, perfil e disponibilidade. Tres valores que salienta xa estiveron presente á hora de facer a candidatura.