Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Persoa ferida en Nigrán por mor dunha pancarta electoral desprendida sobre a estrada

Correo-e Imprimir PDF
Accidente de moto á altura do Centro de Saúde A Xunqueira

Oscar Soto, número dous da candidatura de UPyD Nigrán estaba realizando traballos de reparto de publicidade electoral circulando cunha motocicleta cara á Ramallosa pola estrada que une con Gondomar. Á altura do Centro de Saúde da Xunqueira, atopouse cunha corda desprendida dunha pancarta publicitaria do PSOE Nigrán, colgando sobre a estrada, con tan mala fortuna que esta enganchouse no manillar da motocicleta provocando un grave accidente. O motorista perdeu o control do vehículo e golpeouse contra as vallas do centro de saúde. Tras unha primeira inspección no citado centro sanitario, Soto foi trasladado en ambulancia ao Centro Médico Povisa onde, unha vez realizadas as correspondentes probas, comprobouse que tiña rotas tres costelas, ademais de distintos hematomas, rozaduras e distintos golpes en pernas e brazos.

Carlos Aymerich estará presente no acto central do BNG Nigrán a celebrarse no Hotel Miramar.

Correo-e Imprimir PDF
lista_bng_2011O BNG de Nigrán prepara o acto central de campaña no que contará coa presenza do portavoz parlamentario do Bloque Carlos Aymerich. O acto terá lugar este mércores 18 ás 20:30 horas nos salóns do Hotel Miramar de Praia América. Ademais de Aymerich, intervirá o número 2 da candidatura Xavier Rodríguez e pechará o acto a candidata a alcaldesa de Nigrán Cristina Fernández.

O PSOE de Nigrán acusa ao PP de enviar persoas a fotografar aos asistentes aos actos para intimidarllos.

Correo-e Imprimir PDF

Uso_de_sillas_del_Concello_en_un_acto_del_PSOEO pasado 14 de maio, no mitin celebrado na parroquia de Camos polo PSOE de Nigrán, ao finalizar o acto os candidatos do PP Alberto Valverde, Ana Rosa Costas e Jose Ávarez Valverde acudiron ao recinto onde se estaba celebrando o mitin do PSOE de Nigrán, segundo denuncia deste últimos. Os candidatos aparcaron os coches en caravana na estrada á Tarela e Alberto Valverde saíu do coche para ordenar a dúas persoas con cámaras de fotos que se dirixises ao recinto de festas para fotografar as caras das persoas presentes no acto, informan os socialistas. Un deses fotógrafos foi identificado como o marido da candidata do PP, María José Pino, que ao ser sorprendido e preguntado por unha veciña argumentou que as fotos eran para el “Porque le gustaba mucho la fotografía” momento no que a veciña lle esixiu que eliminase as fotos que lle había sacado. Despois de realizar as fotos, esta persoa volveu ata o coche do candidato Alberto Valverde coa cámara en man acesa e entraron nos respectivos coches. As fotos realizadas polo PP de Nigrán foron remitidas días despois a varios medios de comunicación.

O PP de Nigrán rexeita o novo auditorio e propón construír un “Auditorio Multiusos” en Porto do Molle.

Correo-e Imprimir PDF

edificio_concello_grua_frenteO PP de Nigrán rexeita a utilización do novo edificio do Concello como auditorio e propón construír un xunto cunha escola de música no Polígono Industrial Porto do Molle.  Os populares afirman que o actualmente proxectado é de reducidas dimensións, e carece de servizos básicos como prazas de estacionamento, cafetería, salas de congresos, etc.

Nigrán celebra o Día das Letras Galegas cun espectáculo na Ramallosa a partir das 19 horas.

Correo-e Imprimir PDF

concierto_en_homenaje_a_lois_pereiro_en_la_vieja_carcel_de_a_coruna_originalarticleimageNigrán celebrará o Día das Letras Galegas cunha homenaxe ao poeta Lois Pereiro e unha obra de teatro na Praza de San Campio, na Ramallosa. A representación teatral estará a cargo do grupo "A Tropa de Trapo" que representará a súa obra "A viaxe das palabras". A celebración comezará ás 19 horas, o acto e aberto a todo público. Con este evento o Concello de Nigrán remata un ciclo de actividades literarias que tiveron por obxectivo "encher de palabras todos os meses ata chegar ao 17 de maio, Día das Letras Galegas con autores relacionados con Nigrán" e con obras que centran a súa temática no municipio, afirmou Juan González 1º Tenente de Alcalde e responsable de Cultura.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL