Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE de Nigrán acusa ao PP de enviar persoas a fotografar aos asistentes aos actos para intimidarllos.

O PSOE de Nigrán acusa ao PP de enviar persoas a fotografar aos asistentes aos actos para intimidarllos.

Correo-e Imprimir PDF
Uso_de_sillas_del_Concello_en_un_acto_del_PSOE

O pasado 14 de maio, no mitin celebrado na parroquia de Camos polo PSOE de Nigrán, ao finalizar o acto os candidatos do PP Alberto Valverde, Ana Rosa Costas e Jose Ávarez Valverde acudiron ao recinto onde se estaba celebrando o mitin do PSOE de Nigrán, segundo denuncia deste últimos. Os candidatos aparcaron os coches en caravana na estrada á Tarela e Alberto Valverde saíu do coche para ordenar a dúas persoas con cámaras de fotos que se dirixises ao recinto de festas para fotografar as caras das persoas presentes no acto, informan os socialistas. Un deses fotógrafos foi identificado como o marido da candidata do PP, María José Pino, que ao ser sorprendido e preguntado por unha veciña argumentou que as fotos eran para el “Porque le gustaba mucho la fotografía” momento no que a veciña lle esixiu que eliminase as fotos que lle había sacado. Despois de realizar as fotos, esta persoa volveu ata o coche do candidato Alberto Valverde coa cámara en man acesa e entraron nos respectivos coches. As fotos realizadas polo PP de Nigrán foron remitidas días despois a varios medios de comunicación.

Juan González manifestou que “a actitude que está tendo Alberto Valverde non a tivo nunca ningún partido en Nigrán en todos estes anos de democracia, onde sempre existiu cordialidade e respecto entre todos”. E agregou que as “técnicas intimidatorias usadas polo PP de Nigrán nesta campaña electoral contra o PSOE son máis propias doutra época escura da historia recente de España”.

O PSOE de Nigrán está solicitando as probas para levar a diante unha denuncia formal ante a Xunta Electoral, “con nomes e apelidos das persoas implicadas neste sabotaxe continuo.”

Pola súa banda, o candidato Alberto Valverde negou os feitos pero dixo que se Juan González non quere que se fagan fotografías dos actos socialistas, que non os faga públicos. Valverde acusou a Juan González de “mentiroso compulsivo” e xustificou a denuncia socialista nos “nervios “, ante os futuros resultados electorais.