Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán celebra o Día das Letras Galegas cun espectáculo na Ramallosa a partir das 19 horas.

Nigrán celebra o Día das Letras Galegas cun espectáculo na Ramallosa a partir das 19 horas.

Correo-e Imprimir PDF
concierto_en_homenaje_a_lois_pereiro_en_la_vieja_carcel_de_a_coruna_originalarticleimage

Nigrán celebrará o Día das Letras Galegas cunha homenaxe ao poeta Lois Pereiro e unha obra de teatro na Praza de San Campio, na Ramallosa. A representación teatral estará a cargo do grupo "A Tropa de Trapo" que representará a súa obra "A viaxe das palabras". A celebración comezará ás 19 horas, o acto e aberto a todo público. Con este evento o Concello de Nigrán remata un ciclo de actividades literarias que tiveron por obxectivo "encher de palabras todos os meses ata chegar ao 17 de maio, Día das Letras Galegas con autores relacionados con Nigrán" e con obras que centran a súa temática no municipio, afirmou Juan González 1º Tenente de Alcalde e responsable de Cultura.

Este ciclo iniciouse o 17 de febreiro na Biblioteca Municipal de Nigrán donde Xoan Bernárdez Vilar falou do seu libro “O Home de Vilamean. Anatomía da Revolución Irmandiña”. Logo o 19 de marzo no Centro da 3ª Idade de A Ramallosa o autor, Alfonso Álvarez Cáccamo falou do seu libro “O Eco de Ramallón”.

O xoves 28 de abril na sede da Asociación de Veciños “Monteferro” de Panxón os irmáns Xosé Manuel e Ramón Trigo presentaron a súa obra “O Burato do Inferno”. Os actos culminarán o día das Letras Galegas o 17 de maio na Praza de San Campio da Ramallosa dende as 19 horas cun acto homenaxe ao Poeta Lois Pereiro e a actuación do grupo de Teatro “A Tropa de Trapo” que escenificará a súa obra “A viaxe das palabras”. González explicou que en todo este proceso tratouse "de achegar os libro que falan de Nigrán aos nosos veciños así como de achegar a literatura a todos os cidadáns, pretendemos que en Nigrán todos os días sexan días de letras galegas."