Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Persoa ferida en Nigrán por mor dunha pancarta electoral desprendida sobre a estrada

Persoa ferida en Nigrán por mor dunha pancarta electoral desprendida sobre a estrada

Correo-e Imprimir PDF
Accidente de moto á altura do Centro de Saúde A Xunqueira

Oscar Soto, número dous da candidatura de UPyD Nigrán estaba realizando traballos de reparto de publicidade electoral circulando cunha motocicleta cara á Ramallosa pola estrada que une con Gondomar. Á altura do Centro de Saúde da Xunqueira, atopouse cunha corda desprendida dunha pancarta publicitaria do PSOE Nigrán, colgando sobre a estrada, con tan mala fortuna que esta enganchouse no manillar da motocicleta provocando un grave accidente. O motorista perdeu o control do vehículo e golpeouse contra as vallas do centro de saúde. Tras unha primeira inspección no citado centro sanitario, Soto foi trasladado en ambulancia ao Centro Médico Povisa onde, unha vez realizadas as correspondentes probas, comprobouse que tiña rotas tres costelas, ademais de distintos hematomas, rozaduras e distintos golpes en pernas e brazos.

A versión dalgúns veciños do lugar, como a do PSOE Nigrán é que a devandita corda soltouse por mor do vento acaecido onte no Val Miñor. Tanto o alcalde de Nigrán Efrén Juanes como Juan González, candidato socialista, falaron co candidato de UPyD, Jorge Sanroman, para interesarse polo estado de saúde do accidentado aos poucos minutos de saber do acontecido e puxéronse a súa disposición. Logo, Efrén Juanes puido falar con Oscar Soto, e manifestou que "hoxe mesmo lle daban a alta". O PSOE conta cun seguro de responsabilidade civil que puxeron a disposición do accidentado.