Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE retira as súas pancartas en todo o concello de Nigrán e sospeita ser obxecto de sabotaxe.

O PSOE retira as súas pancartas en todo o concello de Nigrán e sospeita ser obxecto de sabotaxe.

Correo-e Imprimir PDF
retirada-de-pancartas-psoe

Comeza a retirada de pancartas socialistas no concello de Nigrán. O comité de campaña do PSOE tomou a decisión unha vez coñecidas as causas do accidente desta mañá na Xunqueira, ao que sumouse o informe de pancartas "cortadas ata en catro cachos e tiradas no chan" nas parroquias de Camos, San Pedro e Panxón. Segundo informou a Valminor.info o concelleiro e candidato a alcalde do PSOE, Juan González, os servizos xurídicos do partido estudan os pasos a seguir e remitiron o primeiro informe á executiva provincial que é a que ofrece a cobertura da compañía de seguros que terá que ocuparse do accidente na Xunqueira. Por outra banda, a policía local de Nigrán ten en custodia e para súa investigación a pancarta que feriu esta mañá ao candidato de UPyD Oscar Soto. As feridas que nun principio non parecían maiores, revisten maior gravidade e Soto deberá permanecer internado en Povisa á espera de novos estudos médicos. Os socialistas sospeitan que trátase dun acto de sabotaxe que ten ao PSOE por obxectivo.

A decisión de retirar as pancartas foi autorizada pola dirección provincial do PSOE logo de que o comité de campaña en Nigrán recibira os informes de máis casos de pancartas e banderolas caídas por varias parroquias. González mostrouse contrariado ante isto, "parece que só as do PSOE están mal atadas" afirmou. Por outra banda, membros do comité de campaña socialista informaron a Valminor.info que a dirección provincial elevará un expediente ante a xustiza cos feitos e casos similares ocorridos en varios concellos de Pontevedra.

González afirmou que "non podemos acusar a ninguén, pero en calquera momento pode morrer alguén, hoxe Oscar puido morrer. E xa está! Se hai rabia, entón morto o can tamén remata a rabia". O candidato socialista lamentouse de que a estas alturas da historia non se poda celebrar unha campaña con tranquilidade e reflexionou sobre o dano que fai todo isto á democracia.