Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PP de Nigrán rexeita o novo auditorio e propón construír un “Auditorio Multiusos” en Porto do Molle.

O PP de Nigrán rexeita o novo auditorio e propón construír un “Auditorio Multiusos” en Porto do Molle.

Correo-e Imprimir PDF
edificio_concello_grua_frente

O PP de Nigrán rexeita a utilización do novo edificio do Concello como auditorio e propón construír un xunto cunha escola de música no Polígono Industrial Porto do Molle.  Os populares afirman que o actualmente proxectado é de reducidas dimensións, e carece de servizos básicos como prazas de estacionamento, cafetería, salas de congresos, etc.

A proposta do PP, dada a coñecer hoxe, Día das Letras Galegas, xira en torno á construción dun “Auditorio Multiusos”, que permita por exemplo a celebración de concertos, congresos, cursos de formación e competicións deportivas. Alberto Valverde, candidato a alcalde de Nigrán dos populares  sinalou que “la organización de actividades y eventos a lo largo de todo el año en sus instalaciones beneficiará a la hostelería, la restauración y el comercio”.

Os populares declaran tamén “apostar” por unha escola de música no concello  porque “No es justo que niños, niñas, adolescentes y mayores tengan que desplazarse hasta otros Concellos para practicar una actividad de forma prácticamente diaria”.

O comunicado do PP non adianta detalles sobre a forma en que será financiado o proxecto, nin informa sobre o novo uso que tería o actual auditorio en construción. Pero sinala que “Porto do Molle es y debe ser el lugar donde se instala este edificio, ya que la construcción de este parque empresarial debe revertir en beneficio directo a los vecinos y vecinas de Nigrán