Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os viarios e redes de infraestrutura de Porto de Molle pasan a titularidade do Concello de Nigrán.

Os viarios e redes de infraestrutura de Porto de Molle pasan a titularidade do Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
juan_efren_zona_franca

O Concello de Nigrán asinou co Consorcio da Zona Franca a recepción dos viarios principais do parque empresarial de Porto do Molle. No acordo tamén traspasouse o conxunto de redes de servizos existentes na devandita zona, como son as de abastecemento, saneamento, telecomunicacións e gas. En consecuencia, a titularidade desas infraestruturas quedan en propiedade do Concello de Nigrán. “Isto vai permitir que os viarios principais ábranse ao tráfico público de forma inmediata” sinalaron dende Zona Franca,” co que iso supón de mellora das conexións rodadas para as parroquias de Parada, Nigrán, Camos e San Pedro”.

O convenio foi asinado o pasado martes entre as autoridades municipais e do consorcio.