Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán EU propón suspender as axudas ás festas patronais que “non contribúan a fomentar o emprego”.

EU propón suspender as axudas ás festas patronais que “non contribúan a fomentar o emprego”.

Correo-e Imprimir PDF
eunigranacto

Esquerda Unida de Nigrán propón a suspensión das axudas ás festas patronais “que non contribúan a fomentar o emprego no Concello.” O anuncio foi realizado durante a “Asemblea de parados”, organizada pola organización de esquerdas liderada por Jacobo Gallego, candidato a alcalde de Nigrán. A medida propón tamén a promoción “da incorporación dos parados do concello nas labores das festas das parroquias”, co fin de atacar o desemprego.

O pasado venres, 6 de maio, no C.E.I.P. Humberto Juanes de Nigrán,  Esquerda Unida presentou  as súas propostas  contra o desemprego no concello de Nigrán. Logo de aclarar que o primeiro paso debe ser “o estudo profundo sobre a composición e a estrutura do paro en Nigrán”, a agrupación de esquerdas propuxo algunhas medias concretas como a redución de tarifas e taxas municipais para as familias en paro, e a aplicación inmediata  da lei de dependencia (Dec. 2006) no consello de Nigrán .

Dentro do conxunto de medidas xerais, sinalaron “a maior atención á infancia e a educación pública para nenos de 0-3 anos.” Promoven a creación dun “Fondo de Coñecemento Solidario”,  cursos de formación para a creación de Cooperativas y Sociedade Anónimas Laborais (S.A.L.), a creación de Escolas Taller: Hortofruticultura, xardinería, turismo, protección medioambiental, etc, xunto co fomento da  creación de microempresas coa axuda da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo (FSE).

Tamén reclaman o fomento de  novas formas de cooperación coas Comisións de Montes do Concello coa finalidade de crear microempresas que en réxime de concesión poidan levar adiante “actividades produtivas vencelladas ó manteñemento do monte como fonte de riqueza.”

Tamén no eido do  turismo, EU propón o “fomento dun turismo de calidade, promocionando a Formación Profesional no ámbito do turismo, novas actividades neste sector incluído microempresas de servizos turísticos.”