Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Esta tarde no CEIP Juanes EU Nigrán convoca aos parados no que será o seu acto central de campaña.

Esta tarde no CEIP Juanes EU Nigrán convoca aos parados no que será o seu acto central de campaña.

Correo-e Imprimir PDF
José Cuevas,  o candidato a alcalde Jacobo Galego, Betty Leon e José Luis Outes, de EU Nigrán.

Este venres 6 de maio ás 19:30 horas no colexio público Humberto Juanes, Esquerda Unida de Nigrán realizará unha Asemblea de Parados. O obxectivo da xuntanza é facer públicas un conxunto de medidas que dende o Concello de Nigrán a esquerda quere impulsar a prol de atender de xeito urxente a situación pola que atravesan máis de 1600 veciños e a súas respectivas familias. “Este será o acto central da campaña” informou Betty Leon, número dous na lista de EU encabezada por Jacobo Gallego Guisande. Para esta agrupación nigranense “os tempos dos mitins xa foron” e agora o que interesa a xente son solucións concretas aos seus problema, opinou o economista José Luis Outes, que ocupa o 4º posto da candidatura. É por esta convicción que o grupo afirma que non só non encontran útil as grandes convocatorias, se non que entenden que deberían ser fiscalizadas polas autoridades electorais “esas grandes romerías que os partidos celebran con discursos e comidas de balde”, afirman.

Baixo o lema Non te quedes parado! Móvete con nós! EU de Nigrán asume o seu acto – asembleario, co xeito de afrontar unha situación urxente para as familias traballadoras que dende o ano 2008 non deixa de empeorar, segundo afirman na convocatoria. “As medidas tomadas polo goberno só xeraron máis pobreza, máis paro e unha distribución máis desigual da renda nacional. A reforma do mercado de traballo facendo máis baratos os despedimentos, a redución do soldo dos funcionarios, a subida do IVA e a conxelación das pensións, leváronse adiante ao mesmo tempo que se manteñen os privilexios e as axudas ó principal responsable da crise: o sistema financeiro”, asegura nun manifesto EU.

Nigrán presenta segundo os datos oficiais 1.619 parados, deles 332 son rapaces na procura do seu primeiro posto de traballo. O programa de acción que EU Nigrán presentará esta noite contén un conxunto de 12 medidas que a agrupación de esquerdas intentará dende o Concello de Nigrán impulsar e xestionar para afrontar o drama do desemprego.

No seu manifesto, EU afirma que “Dende os Concellos pódense tomar iniciativas que contribúan a frena-lo paro, a fomentar o asociacionismo e a solidariedade do conxunto da sociedade, e sobre todo contribuír a que os propios parados se auto-organicen e se constitúan en parte activa na toma de decisións, para unha maior efectividade das medidas que se tomen dende o Concello xunto con outros organismos provinciais, autonómicos, estatais ou comunitarios. Dende EU entendemos que a situación dramática no mercado de traballo con niveis escandalosos nunha sociedade democrática, esixe a colaboración e a solidariedade de todos nós.”