Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Con críticas ao goberno e unha morea de carteis por todo Nigrán o PP comeza a súa campaña.

Con críticas ao goberno e unha morea de carteis por todo Nigrán o PP comeza a súa campaña.

Correo-e Imprimir PDF
O PP de Nigrán inicia a campaña coa simbólica pegada de carteis.

Os populares de Nigrán ten todo pronto para encher o concello de carteis, banderolas e pancartas cando o reloxo marque as cero horas, momento no que comezará oficialmente a campaña de cara ás eleccións do vindeiro 22 de maio. Logo da resolución desta semana da Xunta Electoral que obrigou ao PP a retirar catro pancartas nas que anunciaba unha romería durante a fin de semana, o equipo de Alberto Valverde non quere perder tempo e "bañará Nigrán con 1.000 carteles, 150 banderolas y 10 pancartas distribuídas por todas las parroquias del municipio", segundo o anunciado no correr desta tarde.

O lema da campaña "Xuntos facemos maioría", apunta ao obxectivo dos populares de acadar unha maioría absoluta no municipio que lles permita gobernar sen necesidade de coalicións permanentes. " Frente a otros partidos que simplemente aspiran alcanzar ese gobierno con coaliciones interesadas y guiados por intereses personales, el proyecto del PPdN es sinónimo de garantía para Nigrán", manifestou Valverde.

Ademais da preparación dos materias de propaganda para a campaña, os populares realizaron unha morea de denuncias ao longo da semana, nas que cuestionaban a xestión do goberno socialista de Efrén Juanes. A primeira delas relativa aos coches abandonados en distintas vías públicas do concello. Valverde informou que recibiu denuncias de veciños de Priegue, Nigrán e San Pedro, nas que se afirmaba que moitos deles levaban anos sen que o goberno local os retire e traslade ao depósito municipal. O candidato a alcalde dos populares entende que a retirada destes vehículos da vía pública é unha cuestión relevante para Nigrán por unha cuestión "de imagen y la limpieza del municipio".

O estado das "tuberías picada y duchas de playa con péridas de agua" , así como o estado dos contenedores de Paxón, deron pé a Valverde para criticar "la despreocupación del gobierno socialista en cuestiones básicas de carácter medioambiental." Tamén o novo edificio que está a construír o Concello estivo nas accións municipais cuestionadas polos populares. Segundo Valverde, os actuais problemas que ten os automobilistas para aparcar nas inmediacións do Concello "empeorará una vez finalizada las obras del nuevo edificio del Ayuntamiento", debido a que o proxecto non prevé a creación de máis prazas de aparcamento. " Si los problemas actuales para aparcar y circular en el centro de Nigrán, con comercios y el propio Ayuntamiento, son graves cuando el nuevo edificio entre en funcionamiento centralizando todos los servicios del Concello el caos será total y absoluto", advirte Valverde. O alcaldable opinou que ademai s "del coste que supone a las arcas municipales un edificio que no va a solucionar nada y que en un futuro inmediato se quedará obsoleto, este nuevo edificio es una aberración urbanística".