Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PP afirma ter unha enquisa favorable en Nigrán e un antecedente de máis de 5000 votos no municipio.

O PP afirma ter unha enquisa favorable en Nigrán e un antecedente de máis de 5000 votos no municipio.

Correo-e Imprimir PDF
Romería do PP de Nigrán en Montecastelo (Parada).

O Partido Popular non pedirá enquisas durante o transcurso da campaña electoral, "porque xa temos unha, dende hai uns 5 meses, moi favorable á candidatura do PP", sinalou Alberto Valverde, ante consulta de Valminor.info. Segundo o informado polo candidato, a devandita enquisa foi solicitada aos efectos de orientar a campaña do partido no concello, nela recóllense os aspectos favorables e os negativos que a poboación manifestaba da candidatura popular. Valverde negouse a revelar cifras, pois sinalou que as enquisas poden ter un efecto negativo na militancia, provocando unha baixa nos esforzos ante cifras boas ou desánimo cando son malas. Sen embargo, o candidato sinalou un dato que entende obxectivo, nas últimas eleccións autonómicas Feijoo recibiu más do 50% dos votos en Nigrán. O líder dos populares había manifestado na Romería celebrada a pasada fin de semana, que " no está pidiendo nada que los votantes de Nigrán no hayan hecho en las últimas tres citas electorales –nacionales, autonómicas y europeas-, ya que al actual presidente de la Xunta de Galicia le dieron más del 50% de los votos, lo que se traduce en más de 5.000 votos."

 

Tamén nese acto en Montecastelo, na parroquia de Parada, Alberto Valverde recordou que en Nigrán hai un só PP. O candidato a alcalde dos populares alentou a non apoiar a aqueles que por "despecho se refugiaron en siglas ajenas a las del PP”, cando o partido confioulle a dirección, en clara alusión á candidatura de UCN-CDL. “Para que gobierne el PP en Nigrán, para que gane el PP solo se puede votar al PP, a mi equipo y a nuestro proyecto”, salientou o candidato popular, ante as máis de 600 persoas que concorreron á romería segundo cálculos dos organizadores. A cita levouse a cabo a pesar do mal tempo e a retirada dos carteis de anuncio da mesma por orde da Xunta Electoral, xa que os mesmos foron colocados antes da apertura oficial de campaña.

No discurso en Montecastelo, Valverde reiterou as propostas que en materia de emprego, economía, turismo e urbanismo xa desenvolvera nos actos das parroquias de Priegue e Nigrán, os días venres e sábado respectivamente. Destaca o compromiso de aprobar o Plan Xeral de Ordenamento Territorial durante o primeiro ano de goberno.