Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O BNG de Nigrán chamou a apostar pola renovación, a democracia e a fuxir dos personalismos.

O BNG de Nigrán chamou a apostar pola renovación, a democracia e a fuxir dos personalismos.

Correo-e Imprimir PDF
candiata_cris_fern

O BNG de Nigrán chamou aos nacionalistas do concello a apostar pola renovación. No acto de peche da campaña,os candidatos do Bloque sinalaron a importancia de non alimentar aos chamados "grupos independentes" que nesta ocasión atópanse como "o reduto onde se agochan apetitos persoais ou grupos ligados a intereses urbanísticos". Tanto o portavoz nacional Carlos Aymerich como o número 2 da candiatura Xavier Rodríguez sinalaron a importancia histórica de que en Nigrán por primeira unha muller encabece a candidatura dun partido. Pola súa banda a alcaldable Cristina Fernández chamou aos veciños de Nigrán a votar polo seu benestar, apostando por aqueles que verdadeiramente os defenden. Fernández rexeitou as políticas que en materia de emprego levan adiante o PSOE no nacional e o PP no autonómico. E facendo referencia algunhas promesas feitas polo PP durante a campaña opinou que si é certo o que di o candidato local do PP de que ten a solución ao problema do emprego que lle pase a fórmula a Feijoo para que a aplique na Xunta.

Xabier Fernández centrou a súa intervención na necesidade de pechar esta tradición "dos independentes" que se remonta á época de Avelino Fernández en Nigrán. Argumentou que na maioría dos casos estas listas representan intereses persoais de permanecer na política aínda "despois de 20 anos", en alusión do ex BNG David Giráldez, ou grupos claramente ligados aos intereses urbanísticos no municipio, e puxo por exemplo o caso de UPyD.

Xabier Fernández sinalou que vívese un período histórico que demanda apostar "pola igualdade real en materia de xénero" tanto na vida social como política do concello. Tamén marcou a necesidade de afondar na democracia interna dos partidos e chamou a fuxir dos personalismos.

A participación de Carlos Aymerich estivo centrada no dano que a administración Feijoo está a facer en materia de economía e emprego en Galicia. Manifestou que ata a súa chegada á Xunta, os números nestas materias eran mellores cos da media española. Dende a chegada de Feijoo, aumentou o desemprego, afirmou o parlamentario nacionalista. Tamén lembrou as "falsas" promesas do presidente popular que asegurou quen "en 45 días solucionaba a crise".

Tamén Cristina Fernández atacou o tema do desemprego e afirmou que os servizos de orientación e formación municipal ten un importante traballo a desenvolver nos próximos anos, cara a nova realidade que representa Porto do Molle. A candidata que desenvolveu un percorrido por todo o programa de goberno do Bloque de Nigrán, destacou a súa preocupación porque na redacción final do novo PXOM se respecten as políticas e orientacións xurdidas das asembleas onde as forzas vivas do municipio traballaron e expresaron os seus obxectivos.

Cristina Fernández destacou a importancia que en materia de política municipal ten as tarefas de benestar social e cultura. Nestas materias, a candidata nacionalista defendeu o dereito das parroquias a ter todas elas en igualdade de oportunidades programas ao longo de todo o ano.

O acto tivo lugar no Hotel Miramar de Nigrán e a presentación estivo a cargo da catedrática María Camiño Noia. Durante o mesmo divulgouse un vídeo no que se presentan as principais propostas do BNG Nigrán.

Dim lights Embed Embed this video on your site