Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A praza pública de San Roque en Camos amosa máis fachendosa.

A praza pública de San Roque en Camos amosa máis fachendosa.

Correo-e Imprimir PDF
camos_obra

Remataron os traballos de asfaltados na Parroquia de Camos coa finalización do remodelado da  praza pública de San Roque. A intervención tivo por obxecto a renovación de firmes, melloramento de distintos espazos  que atopábanse degradados e a incorporación de pedras e adoquín envellecido como parte da nova fisionomía da praza. Tamén foi incorporada unha nova rede de iluminación e un novo mobiliario urbano. Os traballo de humanización estiveron a cargo da empresa COVSA , cun custo  de 98.000 euros.

Con esta obra remata o plan de asfaltados da parroquia, segundo o informado pola Concellería de Urbanismo de Nigrán, cunha inversión total de 200.000 euros, na que foron pavimentadas as rúas e camiños Rúa da Troca, O Carballal, O Sobral, As Pedras e Rúa do Río.