Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Esquerda Unida denuncia a insuficiente previsión de zonas verdes no PXOM de Nigrán.

Esquerda Unida denuncia a insuficiente previsión de zonas verdes no PXOM de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Esquerda Unida quere un novo PXOM para Nigrán.

Jacobo Gallego, candidato de Esquerda Unida por Nigrán fai pública a súa proposta sobre o urbanismo e o PXOM no concello de Nigrán. O candidato opina que o devandito documento debe medirse "en termos de calidade de vida". Gallego denuncia que o actual goberno de Nigrán" non foi capaz de aprobar nestes catro anos un PXOM, deixándoo para a seguinte corporación, co que supón de paralización do desenvolvemento do municipio". Na súa proposta (que se encontra publicada de forma completa no BLOG eunigran.wordpress.com) aposta por un PXOM "con vocación de funcionalidade e atención ás necesidades dos cidadáns, mediante a creación de espazos de convivencia cidadán, equipamentos suficientes para a prestación dos servizos públicos necesarios para a poboación e unha planificación das comunicacións do Val Miñor co seu entorno máis inmediato".

Tamén propón a máxima reserva posible para vivendas de protección oficial no PXOM, "para garantir o dereito constitucional dos cidadáns a unha vivenda digna". Por último Esquerda Unida, segundo o estudo realizado por ela, denuncia que existen numerosas dotacións como zonas verdes, equipamentos deportivos, etc. que están sen desenvolver no concello de Nigrán.