Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Alberto Valverde acusa a Juan González de inaugurar prazas públicas "virtuales" en Nigrán.

Alberto Valverde acusa a Juan González de inaugurar prazas públicas "virtuales" en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
O popular Alberto Valverde desafía ao Tenente de Alcalde de Nigrán a que indique onde atopa unha praza neta imaxe.

O uso da memoria histórica con fines partidarios ingresa no debate preelectoral en Nigrán. Días atrás o 1º Tenente de Alcalde Juan González anunciaba a colocación de dúas placas en homenaxe aos represaliados José Álvarez Grela (mestre nacional) e Joaquín Iglesias Portella (carpinteiro e concelleiro municipal). As mesmas segundo resolución do pleno municipal estarían en prazas públicas que levarían o seu nome, nun intento de recuperar a memoria de aqueles que foran perseguidos e asasinados por defender a democracia e os valores republicanos durante o golpe do 36. A resolución tomada a finais de 2010 foi executada o pasado 14 de abril, coincidindo coa conmemoración do Día da República. Pero para o concelleiro popular Alberto Valverde, a devandita colocación das placas, trátase dun arma de propaganda política "que roza el absurdo, especialmente si tenemos en cuenta que se ha denominado Plaza de José Vázquez Grela a un espacio público inexistente”.  Valverde agrega que "Para el PP de Nigrán, la utilización por parte de Juan González de cuestiones de supuesta recuperación histórica como propaganda política es una falta de respeto absoluta hacia los vecinos y vecinas de Nigrán. "

O popular asegura que non cuestiona o nome da devandita praza nin a homenaxe ao mestre represaliado, pero cualifica como unha "tomadura de pelo inaugurar y poner una placa a un espacio público virtual" en As Angustias. Para Valverde, Juan González, candidato polo PSOE á alcaldía de Nigrán e uns dos seus rivais nas eleccións municipais, vende "lo que sea para justificar su nula y nefasta gestión durante los últimos cuatro años." Valverde agrega que no pleno onde se votou a colocacións das devanditas placas "se advirtió que en el caso de As Angustias no existía la supuesta plaza". Por último, Valverde desafiou a González a que lle indique "dónde está la plaza".

Consultado o concelleiro Juan González, afirmou que no caso da placa do mestre Álvarez Grela, hai un erro pois trátase dun parque e non dunha praza. O 1º Tentente de Alcalde de Nigrán, asegurou que a placa foi colocada na entrada dun parque público de máis de 5000m2, a carón da estrada Vigo - Baiona, á altura das Angustias. Agregou que non se fixo ningunha inauguración das mesmas por atoparse nun período pre electoral o que podería dar lugar a malos entendidos. Gonzalez recordou que tanto UCN como o PP votaron en contra da colocación das devanditas placas no pleno que tomou a resolución.

Pola súa banda, Alberto Valverde invitou a consultar as devanditas actas da sesión plenaria onde consta que os populares non votaron encontra se non que se abstiveron, no senso de que "había moitas persoas que están á espera dunha homenaxe en Nigrán", e daquela non había información suficiente para decidir que tivo máis mérito.  De feito Valverde recordou que participou en tódalas homenaxes que se fixeron aos represaliados, polo menos nas que foi convidado polo concello.