Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A 1ª edición da carreira “Gotas para Níxer” reuniu a un millar de persoas en Praia América.

A 1ª edición da carreira “Gotas para Níxer” reuniu a un millar de persoas en Praia América.

Correo-e Imprimir PDF
salida_mayores
Como un verdadeiro éxito catalogou a organización da carreira “Gotas para Níxer”, a participación dun millar de persoas na súa primeira edición, celebrada onte no Concello de Nigrán. A dous euros por inscrito, a competencia permitiu acadar cerca de 2000 euros o que posibilitará unha importante compra de materiais con destino a potabilizar auga no Nïxer. UNiCEF, a Sociedade Atlética Val Miñor e mais o Concello de Nigrán, comprometéronse a repetir o evento no vindeiro 2012, co fin de seguir apoiando esta obra humanitaria