Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O alcalde Efrén Juanes agredido hoxe no seu despacho por unha veciña de Chandebrito.

O alcalde Efrén Juanes agredido hoxe no seu despacho por unha veciña de Chandebrito.

Correo-e Imprimir PDF
O rexedor de Nigrán Efrén Juanes foi agredido por unha muller no seu despacho (foto arquivo)

O alcalde de Nigrán, Efrén Juanes, foi agredido hoxe no seu despacho por unha veciña de Chandebrito que protestaba pola actividade dun bar na súa parroquia. A secretaria tivo que solicitar a intervención da policía para separar á veciña que propinou empurróns e golpes ao rexedor nigranés. Unha vez retirada por efectivos da policía local, o alcalde formalizou a denuncia na xefatura. "Vou denuncialo por respecto á institución", informou Juanes, xa reposto do incidente.

Segundo puido saber Valminor.info a veciña leva meses presentando queixas no concello por distintas actividades na parroquia de Chandebrito, como a un clube de bolo e en concreto coa actividade legal do Bar Petróleo. O citado bar solicitou unha licenza para colocar unha terraza exterior que lle foi concedida legalmente segundo informaron dende a corporación. A veciña non conforme coa resolución acudiu a unha cita con Juanes. A discusión comezou a carón do despacho do rexedor coa secretaria e unha funcionaria ás que reprochaba a voces polo outorgamento da devandita licenza. Segundo explicou Juanes, ao escoitar os berros saíu do seu despacho a preguntar por tal alteración momento onde resultou agredido pola muller que lle tomou a empurróns. Testemuñas afirman que a muller empurrou a Efrén contra a parede golpeándoo nas costelas e nas costas. O rexedor confirmou a Val minor info que atópase ben e cun sorriso agregou "Confírmase que o posto de alcalde é de alto risco."