Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O BNG Nigrán presenta a lista de candidatos ás eleccións municipais 2011.

O BNG Nigrán presenta a lista de candidatos ás eleccións municipais 2011.

Correo-e Imprimir PDF
Candidatura do BNG Nigrán de cara ás eleccións municipais 2011.

O sábado día 16, o BNG de Nigrán convocou ós seus afiliados, simpatizantes e veciños , para presentar a súa candidatura ás eleccións municipais. A mestra e deportista Crisitina Fernández Piñeiro encabeza a lista nacionalista converténdose na primeira muller que aspira a alcaldía neste Concello.   Presentada Fernández como “unha muller capaz, valente e conciliadora, que ten experiencia política” estará acompañada por Xavier Rodríguez Fernández como número dous, o especialista en arqueoloxía Eduardo Méndez, a modista Carmen Piñeiro e a ex concelleira  de Benestar Social e Igualdade Pilar Barreiro. Unha lista que segundo manifestan dende o Bloque “está conformada por un equipo de xente responsable e preparada, con moitas ganas de traballar para acadar o Nigrán que o BNG quere para tódolos veciños e veciñas.” Os nacionalistas informan que a lista está  “constituída por mozas e mozos  que achegan a súa forza, militantes veteranos xa presentes en  candidaturas anteriores, e outros recentes  cheos de entusiasmo.”

Lista de candidatos do Bloque Nacionalista Galego de Nigrán, eleccións municipais 2011.

1º-Cristina Fernandez Piñeiro – Mestra  -  Nigrán

2º-Xavier Rodriguez Fernández  -  Funcionario  -  San Pedro

3º-Eduardo Méndez Quintas  - Estudante -  Parada

4º-Carmen Piñeiro Martínez  - Modista - Priegue

5º-Pilar Barreiro Vilas – Mestra - Camos

6º-Alberto Rocha Älvarez  - Lic.Empresas - San Pedro

7º-Natalia Costas Alonso – Avogada - Nigrán

8º-Bruno Centelles García - Mestre  - San Pedro

9º-Mª Xosé Rodríguez Vilaseco – Traballador da Saúde -  Panxón

10º-Jorge Dantes Trabazos – Topógrafo  - San Pedro

11º-Mª Mercedes Espinosa Arévalo  - Médica - Parada

12º-Santiago Fraga Rivas - Biólogo - Panxón

13º-Amaia Pérez  - Izaguirre Urquizo -  Médica - San Pedro

14º-Jesús Recouso Tresandí - Estudante - Priegue

15º-Jodefa Romero Álvarez - Banca - Chandebrito

16º-Urbano Leirós Domínguez – Profesor  - Camos

17º-Otilia Coello Siota - Xubilada - Nigrán

Suplentes

1º-Camiño Noia Campos - Catedrática  - Nigrán

2º-Gilberto Manso De La Torre – Profesor - Panxón

3º-Mirta Luz Gozza Coll – Xubilada -  Nigrán