
Jacobo Gallego Guisande, de 52 anos, comunista e obreiro das artes gráficas volverá presentarase logo de 8 anos como candidato a alcalde de Nigrán por Esquerda Unida (EU). Nado na Parroquia de Priegue, vive actualmente no centro de Nigrán. En representación do seu partido mantivo conversacións có concelleiro nacionalista David Giráldez para presentarse nunha lista conxunta, pero a falta de unanimidade ao interior de EU o fixo desistir da alianza. Este sábado 9 ás 19 horas na Asociación Veciñal "A Unión" de San Pedro da Ramallosa presentarase oficialmente a lista de EU encabezada por Gallego, seguido de Betty León (catedrática de Física, xubilada pola Universidade de Vigo), José Cuevas (técnico de prevencións de riscos laborais do Hospital Xeral de Vigo) e mais José Luis Outes (catedrático de Economía, xubilado da U. de Vigo)