Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Comunista e republicano, Jacobo Gallego presentase como candidato a alcalde por EU en Nigrán.

Comunista e republicano, Jacobo Gallego presentase como candidato a alcalde por EU en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Jacobo Gallego Guisande, candidato a alcalde por EU Nigrán.
Betty León, número dous na lista de Esquerda Unida de Nigrán.
José Cuevas, EU-Nigrán.
José Luis Outes, EU-Nigrán
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

Jacobo Gallego Guisande, de 52 anos, comunista e obreiro das artes gráficas volverá presentarase logo de 8 anos como candidato a alcalde de Nigrán por Esquerda Unida (EU). Nado na Parroquia de Priegue, vive actualmente no centro de Nigrán. En representación do seu partido mantivo conversacións có concelleiro nacionalista David Giráldez para presentarse nunha lista conxunta, pero a falta de unanimidade ao interior de EU o fixo desistir da alianza. Este sábado 9 ás 19 horas na Asociación Veciñal "A Unión" de San Pedro da Ramallosa presentarase oficialmente a lista de EU encabezada por Gallego, seguido de Betty León (catedrática de Física, xubilada pola Universidade de Vigo), José Cuevas (técnico de prevencións de riscos laborais do Hospital Xeral de Vigo) e mais  José Luis Outes (catedrático de Economía, xubilado da U. de Vigo)

Por dous veces intentou Gallego ao fronte de EU conseguir un escáneo de edil na corporación de Nigrán, sen obterlla. Una enfermidade mantívollo afastado da política ata que hai un ano, EU volveu propoñerlle presentar candidatura. Cunha identidade de "esquerda" e "comunista". Gallego intentará mañá seducir co seu programa aqueles cidadáns de Nigrán que non queren participar das "esquerdas que rematan facendo política neoliberal".

Propostas de EU de cara ao concello de Nigrán baixo o lema "Contigo podemos"

Dentro do paquetes de medidas que presentará no seu programa Eu de Nigrán, atópanse propostas como a reserva de 30-50 % do solo para vivenda de protección oficial, a gratuidade da Autopista do Val Miñor para os residentes nos concellos da bisbarra miñorana e a dotación dunha liña municipal de transporte colectivo que una as parroquias. O programa a desenvolver divídese en 6  capítulos: Urbanismo e medio ambiente, Administración e facenda, Transporte público, Educación e cultura, Sanidade  e mais Deporte.

Fillo da "Rusia Chica", Jacobo Gallego lembra que chamábanlle así á súa parroquia natal  de Priegue nos anos da ditadura pola proliferación de veciños republicanos e comunistas.  Gallego manifesta sentirse depositario daquela corrente e  intentará xunto cos seus compañeiros de lista, acadar os votos que lle permitan ter representación a EU por primeira vez no municipio de Nigrán.