
Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor
O Pleno da Mancomunidade do Val Miñor non manterá a contratación dos 12 axentes do GRUMIR.

O Alcalde de Nigrán Efrén Juanes inaugurou as naves bioclimáticas de Porto do Molle

O Alcalde de Nigrán, Efrén Juanes xunto coa Delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca, María Teresa Pisano e mais o Alcalde de Vigo Abel Caballero inaugurou ante máis de catrocentas persoas as corenta naves bioclimáticas de Porto do Molle, na mañá do mércores. Na súa intervención, Efrén Juanes reiterou que este parque terciario "é unha luz ao final do tunel", ademais de destacar que trátase do primeiro exemplo en Galicia de arquitectura industrial sostible. Pola súa banda, Pisano, afirmou ser consciente de que o desenvolvemento económico debe de combinarse coa sostibilidade social e ambiental para xerar riqueza sen perder o obxectivo de conseguir unha maior calidade de vida dos cidadáns e de mellorar o ámbito. Abel Caballero, que fixo uso da palabra logo de Juanes, dixo que "Se o alcalde de Nigrán está feliz o alcalde de Vigo tamén o está porque trátase dunha mesma área", afirmou. As naves, nas que o Consorcio investiu preto de 38 millóns de euros, construíronse en trece meses . Ao acto asistiron numerosas personalidades do mundo empresarial e político.
O PSOE de Nigrán presenta a súa lista de candidatos no Hotel Sotomayor.

O PP de Nigrán solicita liberdade de elección para a atención hospitalaria có novo Hospital de Vigo.

O Partido Popular someterá ao pleno que a poboación de Nigrán poida escoller o Novo Hospital de Vigo como centro médico de referencia. A través desta moción os populares solicitarán que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) á entrada en funcionamento do novo centro hospitalario brinde a opción aos veciños e veciñas do municipio de adscribirse a el se así os consideran oportuno. A localización deste centro e as "excelentes vías de comunicación co municipio" son algúns dos argumentos presentados polo grupo popular municipal.
Avalado pola sentenza xudicial Fernández Comesaña insta ao PSOE e nacionalistas a “pedir perdón”.

“Alguien tendrá que responder por tanta infamia vertida, y cuando menos pedir perdón”, afirmou o concelleiro Antonio Ferández Comesaña (UCN), unha vez coñecido o sobresemento provisional e arquivo das dilixencias que contra el, o ex alcalde Alfredo Rodríguez e outros catro concelleiros do anterior goberno municipal estaban a desenvolverse por un presunto delito de tráfico de influencias en materia urbanística. A decisión foi tomada polo Xulgado de Instrución Nº 7 de Vigo a proposta do Ministerio Fiscal que logo de máis de catro anos non atopou probas de abondo que xustificasen as acusacións. O proceso iniciouse en novembro de 2006 a consecuencia da denuncia penal interposta pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Fernández Comesaña sinalou a socialistas e nacionalistas de urdir daquela “un montaje político” co fin de “llegar al poder fuese como fuese”.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL