Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

A Concellería de Urbanismo de Nigrán inicia obras de saneamento e asfaltado en diversos barrios.

Correo-e Imprimir PDF

obras_nigran_febreiroCunha inversión total de 73.679,57€ financiados polo Ministerio de Administracións Públicas (40%) o Concello de Nigrán (30%) e a Deputación de Pontevedra (30%), a través do Plan Provincial de Cooperación, o goberno de Nigrán continúa coas obras de saneamento e asfaltados por diferentes barrios da bisbarra. De este xeito, a Concellería de Urbanismo anuncia que os Barrios de A Cabreira-A Pousa en San Pedro da Ramallosa e da Lagoiña en Nigrán completarán a súas redes de saneamento coa inversión de 42.583,22€. A reposición de firmes das Rúas Reboreda en Parada, recentemente rematado o saneamento de este barrio, e de Area Alta en Panxón completarán unha inversión do goberno de Nigrán de 31.096,35€.

Comezaron as obras na Rúa San Roque na parroquia de Camos.

Correo-e Imprimir PDF
Comezaron as obras na Rúa San Roque

As  obras de urbanización da rúa San Roque na parroquia de Camos deron inicio e "porán fin a máis de 20 anos de espera por parte dos veciños de Nigrán", informou Juan González desde a Concellería de Urbanismo de Nigrán. "Despois de 15 días as obras van a bo ritmo e cumpríndose os prazos previstos" agregou. O Concello de Nigrán inviste 587.907,41€ nestas obras que están a desenvolver  a Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Hidromiño e Movexvial.

UCN denuncia obras ilegais da Xunta na PO-325 e responsabiliza ao alcalde Juanes por non actuar.

Correo-e Imprimir PDF
UCN denuncia a construción de muros ilegais na PO 325.

Unión Centrista de Nigrán por medio do seu portavoz Antonio Fernández Comesaña denuncia que as obras de remodelación que está realizando a Xunta de Galicia na PO-325 Vigo-Baiona, dentro do termo municipal de Nigrán, e en concreto, a construción de muros de peche de leiras así como de contención de terras, estanse construíndo sen respectar os retranqueos regulamentarios e incumprindo o planeamento urbanístico municipal. UCN insta ao Alcalde Juanes " a que ordene de forma inmediata a paralización das obras de construción de muros que se está realizando ilegalmente e procédase ao comezo do correspondente expediente sancionador e de restauración da legalidade urbanística, por constituír unha vulneración grave da legalidade vixente."

A Concellería de Urbanismo de Nigrán advirte "un maior colapso" da súa oficina pola saída da APLU.

Correo-e Imprimir PDF

concello_nigranA Concellería de Urbanismo de Nigrán anuncia o perigo de "maior colapso" da súa oficina por mor do futuro retorno dos expedientes actualmente en trámite na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (UPLA). "Coa volta de todo os expedientes que a Xunta de Galicia está tramitando en solo urbanizable ou en núcleo rural conlevará un maior colapso da Oficina de Urbanismo do Concello de Nigrán e polo tanto un peor servizo aos cidadáns", afirma o responsable de urbanismo de Nigrán, Juan González.

Porto do Molle: "A cidade do traballo da área de Vigo" promoverá a cultura emprendedora.

Correo-e Imprimir PDF

porto-de-molle-cieO Centro de Iniciativas Empresariais (CIE) do polígono Porto do Molle acollerá nos seus 13 mil m₂ un sementeiro de empresas co obxectivo básico de promover a "cultura emprendedora" no Val Miñor. A pedra fundamental foi colocada onte por María Teresa Pisano, delegada do Consorcio Zona Franca de Vigo e mais o alcalde de Nigrán Efrén Juanes. Cunha inversión de 9.6 millóns de euros, o CIE deberá brindar servizos para a promoción e consolidación de empresas as que recibirán asesoramento gratuíto, aloxamento e tarifas preferencias nos insumos básicos. O edificio "o máis grande que nunca se fixo en Nigrán en toda a súa historia", segundo Juanes, levará 16 meses de construción e demandará a intervención directa de 75 persoas entre técnicos e obreiros. Segundo o Consorcio, Porto do Molle perfílase como "A cidade do traballo da área de Vigo".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL