
Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor
Cristina Fernándezresenta a súa candidatura polo BNG Nigrán no Camping Praia América ás 19 horas.

A fotografía das avarías do Paseo de Panxón que tomou o concelleiro Alberto Valverde eran certas.


Alberto Valverde e mais Liliana Silva participan nos actos de promoción das Rías Baixas en Oporto.

O PP de Nigrán desprazouse o pasado martes 12 de abril a cidade de Oporto, Portugal para interesarse pola acción de promoción das Rías Baixas como destino turístico, que celebrábase na adega Caves de Calem. O candidato popular á alcaldía de Nigrán, Alberto Valverde, e Liliana Silva, número catro na lista popular, destacaron o valor das accións promocionais como ferramenta de mercadotecnia turística e de cara a potenciar ao municipio. A imaxe de Nigrán como destino turístico atópase entre as prioridades do PP informou Alberto Valverde. "La realización de acciones promocionales son fundamentales para darse a conocer entre visitantes y prescriptores”, sinalou o candidato popular. No mesmo acto celebrado en Oporto os populares puideron coincidir con Darío Álvarez, que interveu como representante das asociacións turísticas da zona, CIT Val Mino. Segundo o manifestado pola delegación do PP "púdose comprobar una vez mas la falta de implicacion del actual gobierno de Nigran en la participacion de eventos como este para promocionar nuestro municipio".
A situación das praias e mais a seguridade pública preocupan ao PP de Nigrán.

A situación das praias e á seguridade pública son temas de permanente debate na corporación de Nigrán. Esta semana novamente populares e socialistas cruzaron acusacións sobre estes puntos. Alberto Valverde, candidato do PP Nigrán asegurou que o concello está "pragado de chapuzas del gobierno local". Como proba da súa denuncia, os populares amosan unha fotografía do paseo de Panxón, na que falla parte da varanda metálica do mesmo e no seu lugar foron colocadas cordas e envases plásticos. Pola súa banda, Juan González, concelleiro de Urbanismo e candidato socialista, asegurou que os traballos de remodelación do paseo e todo o litoral de Nigrán xa se están a desenvolver en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente. Tamén dixo que a imaxe que amosan os populares na súa denuncia e "atemporal" pois a zona que mostra a fotografía xa está en recuperación.
Rematan as obras de humanización e reordenación na Praza de Sancho en Panxón .
A Praza Sancho da zona alta da parroquia de Panxón loce unha nova cara despois dos traballos de humanización e reordenación que incorpora nova iluminación, instalación dun novo parque mobiliario e o arranxo de antigas instalacións. Destaca a restauración do antigo lavadoiro e dunhas presas que servían no pasado para distribuír as augas de rego das fincas agrícolas. Ambas as dúas foron rehabilitadas tanto no seu entorno como na súa limpeza e se incorporaron elementos de seguridade.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL