Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A fotografía das avarías do Paseo de Panxón que tomou o concelleiro Alberto Valverde eran certas.

A fotografía das avarías do Paseo de Panxón que tomou o concelleiro Alberto Valverde eran certas.

Correo-e Imprimir PDF
Paseo de Panxón o domingo 10 de abril ás 11 h (Imaxe Alberto Valverde PP)
Xoves 14 de abril :Obras e envases conviven no paseo.
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
As polémicas entre partidos e candidatos sube de temperatura a medida que amosa polo horizonte a data do 22 de maio, xornada das eleccións municipais. O martes pasado socialistas e populares debateron pola situación do paseo de Panxón. Alberto Valverde, candidato popular amosou aos medios de prensa unha fotografía onde pódese apreciar a colocación duns envases plásticos a modo de alerta ante a falla dun tramo da varanda do devandito paseo. A mesma foi utilizada como proba das "chapuzas" que ao entender do candidato do PP está a facer o goberno socialista por tódolo termo municipal. Horas despois o candidato do PSOE Juan González, replicaba dende o concello afirmando que a devandita proba gráfica era "atemporal", e que "non son certas e ten o obxectivo de danar a imaxe do goberno de Nigrán". Valminor.info consultou a Valverde sobre a data na que había tomado a imaxe e este respondeu que foi o pasado domingo. Para rematar a polémica a Redacción do portal concorreu ao devandito paseo onte pola mañá e comprobou que os famosos envases plásticos seguían alí. De feito, Valverde non amosou unha imaxe "atemporal" nin "non certa" como afirmou o goberno de Nigrán. Por outra banda, tamén é certo que as obras de remodelación do paseo se están a facer, pois no momento do rexistro un equipo de obreiros estaba a traballar no lugar. Cousas da pre campaña.