Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE considera irresponsabe a publicación dun documento bancario do concello

O PSOE considera irresponsabe a publicación dun documento bancario do concello

Correo-e Imprimir PDF
xustificante nigran_duchas

As duchas pre-pago seguen sendo motivo de discusión entre goberno e oposición. Recentemente o PSOE de Nigrán denunciaba un presunto fraude na contratación e manifestaba ter inciada unha denuncia ante a fiscalía ante o informe negativo de intervención, feito que foi desmentido polo alcalde de Nigrán que asegurou que a contratación conta con todos os avais técnicos e xurídicos, e engadiu que a sua financiación por parte de Augas de Galicia non corría perigo pese a superar o prazo inicial do mes de decembro de 2012.

Co xeito de demostrar o ingreso feito efectivo por parte de Augas de Galicia, o alcalde Alberto Valverde fotografouse sostendo unha copia do estado da conta bancaria da administración local. No mesmo documento aparece o ingreso de 59.807,88 euros provenientes da Xunta de Galicia por mor do convenio asinado por ambas as dúas administracións cara a abonar os gastos da instalación.

A fotografía deixaba  O erro espertou as críticas do PSOE que cualificou como unha “auténtica irresponsabilidade”, por parte do alcalde. “Alberto Valverde non é consciente do risco que pode supoñer facer públicos deste xeito as contas da entidade municipal que non é mais que as contas de todos os veciños e veciñas de Nigrán” alertou o concelleiro socialista Juan González unha vez que a fotografía tomara estado público.

A oposición teme o uso fraudulento dos devanditos datos bancarios, que xa teñen un antecedente recente no baleirado, por parte de “hackers”, da conta bancaria do Concello de Cerdedo no pasado mes de outubro. Tamén a domiciliación fraudulenta de recibos é outra acción moi denunciada por parte de persoas que foron obxecto destas estafas e que facilitaron os seus datos bancarios por teléfono para a contratación de servizos inexistentes.

O PSOE mantense firme na irregularidade do contrato

"Será la Fiscalia la que finalmente determinara si Alberto Valverde realizó una contratación legal, tal como el indica, o irregular tal como consideramos desde la oposición y como así opinan los técnicos municipales que con sus informes advertían y advierten a Alberto Valverde". Segundo sinala González, o feito de que Augas de Galicia tivera ingresado unha subvención a pesar de que o convenio explicitara a condición de que estiveran instaladas antes do 31 de decembro de 2012, "viene a demostrar el doble rasero que utiliza la Xunta de Galicia a la hora otorgar subvenciones, a la hora de justificarlas y la la hora de abonarlas ya sean ayuntamientos gobernados por el Partido Popular o por otros grupos políticos."

Actualización: O día 12 de abril, o gabinete de prensa do concello de Nigrán solicitou a esta redación a retirada da imaxe publicada porque consideran que non estaba autorizada e que incumpría a lei de protección de datos.  Esta redacción quere aclarar que a imaxe do recibo escaneado foi remitido a esta redacción até en tres ocasións e por dúas fontes distintas: A primeira vez foi remitida polo propio gabinete de prensa do Concello e nela aparecían os datos bancarios sen ocultar e unha imaxe do alcalde de Nigrán co documento na man, a segunda ocasión foi remitida polo mesmo gabinete de prensa solicitando unha rectificación do documento anterior e adxuntando un novo documento autorizado (co nome Justificante OK.pdf) onde aparecían os datos da conta bancaria e o saldo ocultos (unha imaxe similar á que publicou inicialmente valminor.info nesta nota de prensa), e a terceira e última foi remitida nun comunicado de prensa do PSOE de Nigrán, contido reflexado nesta mesma noticia, onde aparecían os datos sen ocultar.