Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Rematan as obras de humanización e reordenación na Praza de Sancho en Panxón .

Rematan as obras de humanización e reordenación na Praza de Sancho en Panxón .

Correo-e Imprimir PDF
praza_sancho_panxon

A Praza Sancho da zona alta da parroquia de Panxón loce unha nova cara despois dos traballos de humanización e reordenación que incorpora nova iluminación, instalación dun novo parque mobiliario e o arranxo de antigas instalacións. Destaca a restauración do antigo lavadoiro e dunhas presas que servían no pasado para distribuír as augas de rego das fincas agrícolas. Ambas as dúas foron rehabilitadas tanto no seu entorno como na súa limpeza e se incorporaron elementos de seguridade.

Amais da nova iluminación, colocáronse bancos e papeleiras. A intención do proxecto é dotar a Praza de Sancho dun entorno agradable que sirva de punto de encontro “da cidadanía nas prazas do seu pobo”, informou o Concello de Nigrán, “tal como xa se están rematando as Prazas de San Roque de Camos, o propio Porto de Panxón e a Praza de San Pedro da Ramallosa.”