Martes, 29 Apr. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Os populares entenden que o canon da auga ten por finalidade a solidariedade ambiental.

Correo-e Imprimir PDF
O presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez Iglesias e mais o portavoz popular Alberto Valverde no Torreiro de Priegue.

O presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez Iglesias, visitou Nigrán para explicar a nova Lei de Augas de Galicia. O acto celebrouse no Centro Cultural O Torreiro de Priegue, e foi presentado polo presidente do PP e candidato popular á alcaldía de Nigrán, Alberto Valverde. Nesa xuntanza Valverde informou que a Lei de Augas do pasado 26 de outubro o Parlamento de Galicia aproboulla “por maioría absoluta, en cumprimento coa Directiva Marco da UE.” A continuación sinalou que o canon que impón a devandita norma non ten un afán recadatorio e ten por fin aportar recursos á solidariedade ambiental.

Nigrán: A Xunta de Galicia estuda modificar o trazado da PO 325 á altura da baixada de Patos.

Correo-e Imprimir PDF

Está a estudo da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia a modificación das interseccións de acceso á Praia de Patos e a Rúa Costa da Barxa á altura da PO 325 no concello de Nigrán. Segundo o comunicado por esta consellería ao parlamento autonómico, se está valorando a eliminación do trazado actual do camiño de acceso rodado recollendo como solución a construción dunha glorieta que facilite a circulación e ao mesmo tempo non afecte a seguridade peonil.

UCN presenta moción para destituír dos seus cargos ao concelleiro Cándido Costas Fernández.

Correo-e Imprimir PDF

antonio_fernandezUnión Centrista de Nigrán (UCN) ingresou hoxe ao rexistro do Concello unha moción na que rexeita a permanencia na corporación do concelleiro socialista de Vías e Obras Cándido Costas Fernández ademais de solicitarlle a renuncia voluntaria da súa acta de concelleiro electo. O portavoz de UCN Antonio Fernández Comesaña, fundamenta a moción nun intenso informe onde cita as supostas continuas violacións do concelleiro socialista, das normativas urbanísticas vixentes e o incumprimento das sentenzas xudiciais relacionadas a unha vivenda unifamiliar da súa propiedade e actos de desorde público no concello de Nigrán. A iniciativa de UCN tamén insta ao alcalde Efrén Juanes a que proceda á destitución de Costas Fernández de tódolos cargos de concelleiro delegado, en caso de que este non renuncie voluntariamente a eles. A iniciativa en caso de ser aprobada déixalle unha semana de prazo a Efrén Juanes para dar cumprimento á execución da mesma. Pola súa banda, o portavoz socialista Juan González afirmou que unha vez máis o concelleiro Fernández Comesaña intenta atopar "un oco na política de Nigrán a través deste tipo de cousas". González manifestou o total rexeitamento dos fundamentos así como da moción presentada pola UCN, e quitou trascendencia ás acusacións de Fernández Comesaña por tratarse dunha persoa que no "ámbito da política esta moi desprestixiada".

Urbanismo de Nigrán anuncia o remate das execucións das inversións medio ambientais do FEIL.

Correo-e Imprimir PDF

saneamentoCoa finalización das obras de Saneamento na Rúa Cotros de Abaixo en San Pedro da Ramallosa o Concello de Nigrán remata as obras de saneamento e abastecemento de auga a través do FEIL (Fondo Estatal de Inversións Locais), dotando de instalación da recollida de augas residuais as rúas, Salgueiral, Torriña, Caruñas, Monte Castelo, Palanca, Lameira, O Solgo, Pazos, Reboreda, Cova, Navás, Rúa das Pedras, Santiago de Parada, Volta do Médico, Rúa Telleira, Ponte Muiña, Gándara, A Barxa, Cotros de Abaixo e Barrio da Cruz-Cruceiro cunha inversión de 886.965,64€ e de abastecemento de auga nas rúas Palanca, O Solgo, Navás, Condomínguez, Sanromán, Palomar, Nogueira, Cea e Pombal cunha inversión de 220.488,76€, informou a Concellería de Urbanismo do municipio.

O PP de Nigrán propoñerá unha moción de igual ton que Baiona na procura dun parque de bombeiros.

Correo-e Imprimir PDF

bomberos35O PP de Nigrán propoñerá ao pleno municipal que solicite á Xunta de Galicia e mais á Deputación Provincial de Pontevedra a realización, de forma urxente, dos trámites necesarios para dotar ao Val Miñor dun parque de bombeiros en aras de garantir a prestación do servizo de prevención y extinción de incendios. A iniciativa tamén inclúe pedir a estas administracións supramunicipais unha axuda económica para garantir a prestación do servizo de emerxencia. O texto a debater é similar ao aprobado por unanimidade pola corporación de Baiona, ao que os populares manifestan adherir plenamente.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL