Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Concellería de Urbanismo de Nigrán advirte "un maior colapso" da súa oficina pola saída da APLU.

A Concellería de Urbanismo de Nigrán advirte "un maior colapso" da súa oficina pola saída da APLU.

Correo-e Imprimir PDF
concello_nigran

A Concellería de Urbanismo de Nigrán anuncia o perigo de "maior colapso" da súa oficina por mor do futuro retorno dos expedientes actualmente en trámite na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (UPLA). "Coa volta de todo os expedientes que a Xunta de Galicia está tramitando en solo urbanizable ou en núcleo rural conlevará un maior colapso da Oficina de Urbanismo do Concello de Nigrán e polo tanto un peor servizo aos cidadáns", afirma o responsable de urbanismo de Nigrán, Juan González.

Segundo o informe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a APLU xestionou dende abril de 2009 á fecha 12 expedientes de reposición da legalidade urbanística. Deses trámites recibiu 14 recursos de reposición e emitiu dos ordes de paralización de obras. Destas carpetas deberá agora tomar cartas directamente o Concello de Nigrán.

O Concelleiro Juan González opina que non lle sorprende a "irresponsabilidade" de UCN e os non adscritos ao levar a diante a moción de acordo para converter a Nigrán no primeiro concello de Galicia que se retira da APLU. Pero González di non entender a actitude de apoio á retirada do PP de Nigrán argumentando que a APLU é "una agencia que no funciona ni genera beneficios". Gonzalez lembra que "curiosamente o Partido Popular é o responsable do funcionamento desta Axencia".