Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán EU pide a saida de Nigrán da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

EU pide a saida de Nigrán da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Correo-e Imprimir PDF

Esquerda Unida solicita que se execute o acordo do pleno do concello de Nigrán do 23 de febreiro de 2011 no que se revoca a delegación de competencias na Axencia de Protección da Legalidade Urbanistica (APLU). Dita tramitación foi suspendida por 6 meses no pleno do día 30 de marzo de 2011, polo que o prazo xa rematou o pasado día 30 de setembro. Segundo EU, a mencionada delegación de competencias causaría un perxuizo económico ás arcas municipais xa que a APLU se quedaría coa metade dos ingresos por sancións e multas coercitivas.

Esquerda Unida informa que durante estes últimos 6 meses se produciron cambios na axencia que opina “ repercutirán negativamente no funcionamento dela”. Nestos 6 meses e na provincia de Pontevedra, se adheriron a dita axencia os concellos de Caldas de Reis e de Ponteareas, aumentándose deste xeito nun 55% a poboación que ten que atender a axencia, mentres que a superficie dos concellos adheridos medrou nun 39%. “Isto non sería problema ningún si paralelamente a axencia dispuxese de máis personal. Pola contra a plantilla reduciuse, pois, en abril de 2011 tres dos nove subinspectores urbanísticos do servizo provincial de Pontevedra foron transferidos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas”, afirman.

EU, que non ten concelleiros na actual corporación municipal de Nigrán, manifestou que pasados máis de 100 días dende que o novo alcalde Alberto Valverde tomou posesión, “xa tivo tempo para arranxar os problemas de funcionamento da oficina de urbanismo do noso consello que debería asumir de novo ditas competencias.”