Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán apraza a decisión de retirarse da APLU para despois das eleccións municipais.

O Concello de Nigrán apraza a decisión de retirarse da APLU para despois das eleccións municipais.

Correo-e Imprimir PDF
O grupo municipal do PP de Nigrán durante o pleno de marzo.

O Concello de Nigrán aprazou para despois de maio o inicio do trámite para retirarse da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). A decisión tomada polo pleno da corporación contou cos votos da totalidade dos edís socialistas e populares. Pola contraria mantivéronse os tres concelleiros nacionalistas non adscritos e mais os dous da independente UCN. A medida deixa en mans da corporación que xurda das próximas eleccións de maio a decisión final. O PP de Nigrán fundamentou o seu voto na aparición dun informe dos técnicos municipais contrario a retirada do concello da APLU, e que aseguran non foi amosado polo goberno socialista no pleno anterior. No devandito escrito, os técnicos da corporación falarían dunha carencia de medios do Departamento de Urbanismo de Nigrán para asumir as competencias delegadas na APLU.

En vano intentou convencer o concelleiro David Giráldez (nacionalista non adscrito) aos concelleiros do PP de que mantiveran a súa determinación tomada no pleno anterior de retirarse da APLU.  O concelleiro Giráldez foi o promotor da moción aprobada pola totalidade da oposición no pleno de febreiro. Nesa reunión Alberto Valverde, voceiro dos populares fundamentou o seu voto nunha actitude de coherencia coa súa posición orixinaria de non aprobar o ingreso do concello á APLU, na ineficiente xestión demostrada nos trámites delegados e a perda de ingresos que implica a retención do 50% que fai APLU do recadado en concepto de multas. Sen embargo, durante o pleno do pasado 30 de marzo, Valverde sustentou o apoio á suspensión na aparición dun informe dos técnicos municipais que falan dun perigo maior: o caos na oficina de urbanismo de Nigrán en caso de trasladarlle os expedientes delegados na axencia autonómica.

Valverde revelou que o devandito informe asegura que “el Concello carece de los medios sufucientes para asumir en las condiciones debidas las competencias delegadas en la APLU”. Así mesmo, concreta que, “en la situación actual, el Ayuntamiento no sería quién de dar cumplimiento al precepto legal que establece que en ningún caso la administración podrá dejar de adoptar medidas encaminadas a restaurar el orden urbanístico vulnerado o a reponer los bienes afectados al estado anterior a la producción de la situacion ilegal". O texto asegura incluso que "no resulta recomendable rechazar un ofrecimiento de colaboración cuando se carece de los medios propios para asumir una determinada tarea".

 

 

.