Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Concellería de Urbanismo de Nigrán inicia obras de saneamento e asfaltado en diversos barrios.

A Concellería de Urbanismo de Nigrán inicia obras de saneamento e asfaltado en diversos barrios.

Correo-e Imprimir PDF
obras_nigran_febreiro

Cunha inversión total de 73.679,57€ financiados polo Ministerio de Administracións Públicas (40%) o Concello de Nigrán (30%) e a Deputación de Pontevedra (30%), a través do Plan Provincial de Cooperación, o goberno de Nigrán continúa coas obras de saneamento e asfaltados por diferentes barrios da bisbarra. De este xeito, a Concellería de Urbanismo anuncia que os Barrios de A Cabreira-A Pousa en San Pedro da Ramallosa e da Lagoiña en Nigrán completarán a súas redes de saneamento coa inversión de 42.583,22€. A reposición de firmes das Rúas Reboreda en Parada, recentemente rematado o saneamento de este barrio, e de Area Alta en Panxón completarán unha inversión do goberno de Nigrán de 31.096,35€.

O concelleiro de Urbanismo Juan González afirmou que "De este xeito as parroquias de Nigrán, San Pedro da Ramallosa, Panxón e Parada poderán beneficiarse en este ano de inversións que teñen como obxectivo a mellora medioambiental e o incremento de calidade de vida dos cidadáns".