Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN denuncia obras ilegais da Xunta na PO-325 e responsabiliza ao alcalde Juanes por non actuar.

UCN denuncia obras ilegais da Xunta na PO-325 e responsabiliza ao alcalde Juanes por non actuar.

Correo-e Imprimir PDF
UCN denuncia a construción de muros ilegais na PO 325.

Unión Centrista de Nigrán por medio do seu portavoz Antonio Fernández Comesaña denuncia que as obras de remodelación que está realizando a Xunta de Galicia na PO-325 Vigo-Baiona, dentro do termo municipal de Nigrán, e en concreto, a construción de muros de peche de leiras así como de contención de terras, estanse construíndo sen respectar os retranqueos regulamentarios e incumprindo o planeamento urbanístico municipal. UCN insta ao Alcalde Juanes " a que ordene de forma inmediata a paralización das obras de construción de muros que se está realizando ilegalmente e procédase ao comezo do correspondente expediente sancionador e de restauración da legalidade urbanística, por constituír unha vulneración grave da legalidade vixente."

Os independentes manifestan que "non é de recibo que a propia Administración Autonómica estea vulnerando a lei, mentres polo contrario aos cidadáns esíxeselles o cumprimento estrito da normativa". UCN responsabiliza ao alcalde Juanes e mais ao concelleiro de Urbanismo Juan González por non actuar debidamente no reclamo das responsabilidades do goberno autonómico.