Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Avalado pola sentenza xudicial Fernández Comesaña insta ao PSOE e nacionalistas a “pedir perdón”.

Avalado pola sentenza xudicial Fernández Comesaña insta ao PSOE e nacionalistas a “pedir perdón”.

Correo-e Imprimir PDF
O concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN) no derradeiro pleno de Nigrán.

“Alguien tendrá que responder por tanta infamia vertida, y cuando menos pedir perdón”, afirmou o concelleiro Antonio Ferández Comesaña (UCN), unha vez coñecido o sobresemento provisional e arquivo das dilixencias que contra el, o ex alcalde Alfredo Rodríguez e outros catro concelleiros do anterior goberno municipal estaban a desenvolverse por un presunto delito de tráfico de influencias en materia urbanística. A decisión foi tomada polo Xulgado de Instrución Nº 7 de Vigo a proposta do Ministerio Fiscal que logo de máis de catro anos non atopou probas de abondo que xustificasen as acusacións. O proceso iniciouse en novembro de 2006 a consecuencia da denuncia penal interposta pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Fernández Comesaña sinalou a socialistas e nacionalistas de urdir daquela “un montaje político” co fin de “llegar al poder fuese como fuese”.

A resolución xudicial da xuíza Rosa María López Barral pecha de momento un episodio aínda fresco na memoria de Nigrán polos feitos de tensión e violencia acaecidos en torno á discusión do PXOM que intentaba levar a diante o goberno daquela alcalde Alfredo Rodríguez (2003 – 2007). Baixo acusacións públicas de favorecer a promotores urbanísticos vinculados cos rexedores da administración local, o concello foi nominalmente tomado o 2 de xuño de 2006 por veciños que intentaban interromper o pleno municipal que debatía a aprobación do PXOM. Cinco anos despois, Fernández Comesaña, daquela concelleiro de Vías e Obras e actual portavoz da UCN, opina que “aunque tarde, se haga justicia”, e deixe de pender sobre os acusados “esta infamia y calumnia que tanto daño hizo y que terminó con aquel gobierno”. O líder de UCN agregou que aquela foi ”una jornada vergonzosa de violencia supuestamente instigada por socialistas y nacionalistas, a través de asociaciones vecinales por ellos controladas.”

Avalado pola sentenza xudicial, Fernández Comesaña afirmou que “Algo que deja evidencia de que todo aquello fue un montaje político urdido por la oposición entonces y ahora gobierno, alguno de los cuales condenado en sentencia firme por los actos violentos llevados a cabo, pero que pese a ello todavía forma parte del gobierno actual de Nigrán” en alusión ao concelleiro do PSOE Cándido Costas contra quen Fernández presentou unha moción para a súa destitución dos cargos de goberno municipal de cara ao próximo pleno de marzo. Tamén sinalou ao alcalde Efrén Juanes e mais ao concelleiro de Urbanismo Juan González “que después de provocar la paralización de un PGOM que ellos mismos habían dejado precocinado y que supuestamente no satisfacía intereses personales de alguno de sus miembros, así como de algún que otro líder vecinal, sin que todavía hoy, a punto de finalizar la legislatura, haber conseguido aprobar un PGOM que habían prometido, y que 4 años después estamos como al principio, con el perjuicio que supone para la economía de las familias y del municipio, así como para el desarrollo de los núcleos rurales y las posibilidades de que los jóvenes y los vecinos del rural puedan construir sus viviendas en su entorno, sin verse obligados a tener que abandonar su medio natural por otros municipios limítrofes”.

Conclúe Fernández Comesaña suxerindo a hipótesis que todo isto foi “para llegar al poder fuese como fuese, sin escrúpulos, aunque sea poniendo en solfa la buena imagen, el honor y la dignidad de personas honestas y honradas, así como ensuciar el buen nombre y la imagen de Nigrán, llegando a calificar incluso, como la Marbella gallega”. Nos preguntamos ahora: ¿Quien repone los daños y perjuicios causados? Alguien tendrá que responder por tanta infamia vertida, y cuando menos pedir perdón.”