Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN descarta alianzas preelectorais e adianta apoios de futuro goberno por afinidade programática.

UCN descarta alianzas preelectorais e adianta apoios de futuro goberno por afinidade programática.

Correo-e Imprimir PDF
UNC confirma ao concelleiro Antonio Fernández Comesaña como candidato a alcalde

A Unión Centrista de Nigrán, por medio do seu voceiro e líder, Antonio Fernández Comesaña, anunciou que a Xunta Executiva do partido tomou a decisión de concorrer ás próximas eleccións municipais en solitario, descartando calquera alianza pre-electoral con outros partidos de corte centrista, como se especulara nas últimas semanas. Á súa vez, Fernández Comesaña confirmou a súa designación como candidato á alcaldía. En referencia ao que suceda despois do 22 de maio data dos comicios, en canto a alianzas post-electorais será algo que” se estudará no seu momento en función dos resultados obtidos na decisión expresada polos cidadáns de Nigrán nas urnas, e contrastando a afinidade nos programas electorais co de UCN”, afirmou o candidato.

UCN transmitiu o seu agradeceu “a confianza mostrada cara ao partido e á súa propia persoa daquelas formacións que se achegaron nas últimas semanas para establecer acordos ou alianzas para concorrer á cita electoral, entre os que se encontra o Partido Democrático Liberal”. Para Comesaña todo isto “supón un recoñecemento ao traballo e labor realizado ao longo de toda a lexislatura, non descartando acordos no futuro”.

Finalmente Antonio Fernández Comesaña adiantou que nos próximos días dará a coñecer a lista electoral que el encabezará. Dixo que “Trátase dunha lista de persoas próximas e coñecidas, procedentes de todos os sectores sociais, onde camiñan da man experiencia e xuventude; xente que achega altas doses de confianza, de ilusión e determinación, que ten como obxectivo garantir un futuro mellor para todas os cidadáns”.