Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Máis de 500 veciños e deportistas rexistráronse para a I Carreira da Auga en Nigrán.

Máis de 500 veciños e deportistas rexistráronse para a I Carreira da Auga en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Carrera_Nigran-Vigo_2011Cartel
UNICEF chama á participación do Val Miñor na I Carreira da Auga "Gotas para Níxer". Por cada corredor que participe nesta carreira comprando o seu número por 2 euros, UNICEF pode adquirir, por exemplo, 400 pastillas potabilizadoras de auga. O evento está organizado polo Concello de Nigrán en colaboración con UNICEF e a Sociedade Atlética Val Miñor. De momento se rexistraron máis de 500 persoas, comunicaron os organizadores. O prazo de inscrición continuará aberto na Piscina Mancomunada do Val Miñor (A Ramallosa) e a Oficina de Turismo de Panxón e poderanse inscribir o mesmo día 24 de abril dende as 10,00 h ata as 11,00 h da mañá no punto de saída da carreira.