Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN de Fernández Comesaña concorrerá ás eleccións de maio nunha coalición co CDL.

UCN de Fernández Comesaña concorrerá ás eleccións de maio nunha coalición co CDL.

Correo-e Imprimir PDF
José Campos, Rosario Valverde, Fernández Comesaña, José Palacín e Serafín Alonso, no Hotel Miramar de Nigrán.

Finalmente Unión Centrista de Nigrán (UCN)  participará nas eleccións municipais baixo unha coalición coa nova forza centrista  o Centro Democrático Liberal (CDL). Se ben a lista encabezada polos concelleiros Antonio Fernández Comesaña e mais María del Rosario Valverde, está conformada integramente por membros de UCN, a alianza permitirá aos independentes de Nigrán, recibir o apoio loxístico da CDL  ademais de "apostar por este novo proxecto de gran futuro para el Valle Miñor y el Baixo Miño", segundo manifestou Fernández Comesaña. A alianza e mais a lista foron presentadas na mañá deste martes 19 de abril nos salóns do Hotel Mirarmar. Ademais dos cabezas de lista, estiveron presentes o número 3, Serafín Alonso Seijo e o número 5, José Manuel Campos Hernida por UCN, e José Palacín, presidente galego do CDL.

CDL consigue a súa cuarta lista en Pontevedra. Os concellos de Vigo, Tomiño, Gondomar, e agora Nigrán son as primeiros pasos dunha corrente política que di presentarse como alternativa ao PP e mais o PSOE, ofrecendo "proximidad, diálogo, honestidad, compromiso e ilusión", nunha forma de facer política "basada en las personas".  En diálogo con Valminor.info, José Palacín manifestou a súa satisfacción pola formación da coalición, e asegurou que a mesma e o produto do recoñecemento que CDL fai do traballo desenvolvido durante estes catro anos polos independentes de Nigrán, tanto os seu concelleiros como militantes.

Pola súa banda, Antonio Fernández Comesaña agradeceu a confianza depositada en UCN por parte do CDL. Consultado polo cambio na súa decisión de participar sen alianzas con outro partidos tomada o pasado 2 de abril, Fernández afirmou que confluíron para este cambio a superación do fracasado e problemático intento de integración co PP, e a consolidación do CDL en Gondomar, o que deu un grande impulso. Finalmente, Fernández asegurou estar totalmente identificado coa ideoloxía centrista e progresista da CDL, e agregou que esta nova coalición cun partido con representación autonómica, nacional e europea, será moi beneficiosa para traballar nun concello como o de Nigrán "complejo y difícil". Por último e facendo fincapé na orixe común da CDL e a militancia política de Fernández na semente política herdada de Adolfo Suárez, o concelleiro afirmou " esta es la semilla que ha cuajado de aquella transición con las banderas de la tolerancia y la libertad."

Lista da Coalición UCN -CDL de cara ás eleccións municipais de maio de 2011

1.Antonio Fernández Comesaña, Panxón, funcionario.

2.Rosario Valverde Díaz, Nigrán, avogada.

3.Serafín Alonso Seijo, Priegue, informático.

4.Purificación Méndez Gameiro, Camos, administrativa.

5.José Manuel Campos Hernida, Priegue, enxeñeiro de minas.

6.Guillermo Martínez Pereira, San Pedro, empresario.

7.Marina Martín Cabaleiro, San Pedro, xerente de empresa.

8.Manuel Soto del Olmo, Parada, Vixilante de seguridade.

9.Almanzor Moreira Pérez, Camos, patrón de pesca xubilado.

10. María Susana Fernández Ochoa, San Pedro, comercial.

11. Gerardo Rodríguez Romero, Panxón, empregado.

12.Jesús Gameiro Rodas, San Pedro, empregado.

13. Loli Alonso Pérez, Panxón, ama de casa.

14. Alberto Díaz López, Camos, empregado metalúrxico.

15.Mar Pérez Vicente, Priegue, perruqueira.

16.Wilian de Jesús Martínez García, San Pedro, diplomado en enfermería.

17.Rosi Alonso Pérez, Panxón, dependienta.

Suplentes.

Alejandro Barrientos Cancelo, Panxón, autónomo.

Tania Pereira Fernández, Camos, dependenta.

Maria Milagros Fernández López, Panxón, ama de casa.

Dim lights Embed Embed this video on your site