Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A Xunta enviará unha inspección á PO-552 ante os reclamos de seguridade dos veciños de Nigrán

A Xunta enviará unha inspección á PO-552 ante os reclamos de seguridade dos veciños de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Concello de Nigrán

A estrada principal que atravesa o corazón de Nigrán, a PO-552 será inspeccionada por técnicos da Dirección de Infraestruturas da Xunta de Galicia ao fin de constatar a súa seguridade e solucionar en breve os problemas que se detecten. O anuncio foi realizado polo concelleiro da oposición  e candidato a alcalde polo PP de Nigrán Alberto Valverde. O popular informa que recibiu o compromiso persoal da directora do organismo Ethel Vázquez. Segundo Valverde, os reclamos de seguridade na estrada provincial feitos por veciños e comerciantes non foi respondido polo actual alcalde o socialista Efrén Juanes.

Entendendo que o goberno “desentendeuse” do reclamo, os populares decidiron facer a xestión ante as autoridades autonómicas. Veciños e comerciantes do núcleo urbano de Nigrán iniciaron ao final do ano pasado unha campaña de recollida de firmas para incrementar as medidas de seguridade de la PO 552 ao seu paso por Nigrán, en especial polo perigoso cruce peonil á altura do propio edificio do Concello. O lugar foi obxecto dun accidente de tránsito onde foi atropelada unha muller, ademais  producirse de forma habitual escenas de risco para os usuarios, según indican os populares.

"Os reclamos feitos polos veciños ao alcalde Juanes non obtiveron resposta do goberno local e Juanes fixo caso omiso aos reclamos", asegura Alberto Valverde. Alberto Valverde opinou que é unha verdadeira vergoña que o alcalde non interviñese a favor da demanda dos veciños e comerciantes do municipio. Esta actitude do goberno municipal “nos hace creer que en estos momentos el alcalde y los suyos ya han "renunciado" de su responsabilidad”, rematou.