Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Inícianse actuacións en Priegue dirixidas á mellora de máis de 10.000 m₂ da súa rede viaria

Inícianse actuacións en Priegue dirixidas á mellora de máis de 10.000 m₂ da súa rede viaria

Correo-e Imprimir PDF
Urbanismo: 10 mil m2 de pavimentación para a parroquia de Priegue.

Máis de 10 mil m₂ de pavimentación implicarán as actuacións de humanización na parroquia de Priegue. Os traballos tamén consistirán no barrio e limpeza da superficie a pavimentar, capa de rodadura, recrecido das arquetas e pintura do vial. Dentro destes traballos de mellora vial atópase tamén a reconstrución dun talude na Rúa Pedrosa. A concellería de Urbanismo dirixida polo concelleiro Juan González informa que a administración local está a desenvolver estas obras cos fondos do plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra destinado en función da poboación de Nigrán para o período 2009 - 2011.

Segundo o plan trazado de humanización, as rúas e camiños afectados son: Rúa Recosto (2.500m₂), rúa Pedrosas (350m₂), Camiño do Penedo (1.900m₂), Rúa Condomínguez e Comesaña (1.200m₂), Camiño da Regueira (2.200m₂) e Camiño do Outeiro (1.200m₂).

Asemade o Concello de Nigrán co fin de mellorar o sistema viario de Priegue está levando a cabo a reconstrución dun talude de máis de 200 metros de lonxitude na Rúa Pedrosas que solucionará un problema de seguridade en este Barrio "que viña sufríndose dende hai moitos anos", informa o concelleiro González. O desbaste de este amplo fronte que da á Rúa Pedrosas e o asfaltado da rúa permitirá un mellor e máis segura comunicación entre o barrio de Pedrosas e a Mámoa eixo vertebrador da Parroquia de Priegue, opinou o concelleiro de urbanismo.

Esta actuación compleméntase coa inversión a través do Fondo para o Emprego e a Sostenibilidade Local co que se dotou de abastecemento de auga as Rúas Condomínguez, Comesaña, Palomar e Pombal cunha inversión de máis de 220.000 € ou a dotación de Saneamento as Rúas da Cova e Navás por máis de 100.000 €, agrega Juan González.