Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PP de Nigrán traballa na reunificación do centro dereita e prepara lista para o venres.

O PP de Nigrán traballa na reunificación do centro dereita e prepara lista para o venres.

Correo-e Imprimir PDF
O PP de Nigrán intenta reunificar o espazo da centro dereita.

A menos de catro meses das eleccións municipais o Partido Popular de Nigrán xa definiu as súas estratexias de alianzas: reunificación da centro dereita ante dos comicios e portas pechadas para calquera hipóteses de bipartito. Este venres a Xunta Local do PP aprobará polo menos os dez primeiros nomes de candidatos a concelleiros. Por outra banda unha mesa integrada por militantes do PP e da Unión Centrista de Nigrán (UCN) mantén intensas negociacións en busca de acordos que permitan a integración.

Esta fin de semana un comunicado de prensa do candidato popular Alberto Valverde deixaba clara a súa posición: "La alcaldia a cualquier precio no es el objetivo del candidato del PP ni de quienes trabajan hoy por el PP, y adelanta a Comesaña que no existe ni una sola posibilidad de que PP y UCN firmen un pacto después de las elecciones." Logo de varias semanas onde militantes de un e outro partido buscaron puntos de acordos para integrarse nas estruturas do PP, o diálogo a arrefriouse. De xeito os líderes retiráronse da mesa de negociacións, as causas segundo Valverde foron "exigencias particulares de Fernández Comesaña."

Nun diálogo con Valminor.info, Valverde manifestou esperanzas en que as bases militantes atopen os camiños para reunificar ese espazo de centro dereita que "cando chegan as eleccións autonómicas, nacionais o europeas vota xunto e o PP é maioría absoluta en Nigrán." Consultado sobre a presa para descartar alianzas con outras forzas logos das eleccións, Valverde foi rotundo "Si estiven catro anos cuestionando a ineficacia dos gobernos bipartitos, non vou a traballar na campaña especulando con posibles alianzas para despois das eleccións".