Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou facer estudos para obras na estrada Vincios - Nigrán.

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou facer estudos para obras na estrada Vincios - Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Concello de Nigrán

O Pleno Ordinario da Deputación de Pontevedra aprobou por unanimidade unha moción presentada polo deputado socialista Juan A. González Pérez, con fin de facer os estudios técnicos e dar os pasos necesarios para mellorar o trazado da Estrada Provincial 2102 Vincios-Nigrán no tramo do Barrio de Pracíns, parroquia de Chandebrito. O deputado e concelleiro de urbanismo de Nigrán explicou que trátase dunha demanda das entidades veciñais de Chandebrito dende hai moitos anos e que a Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 ven de reclamar de xeito insistente ante a Deputación Provincial.

Segundo o informado por Juan González a iniciativa tende a solucionar un grave problema de comunicación da parroquia de Chandebrito co resto do municipio de Nigrán así como problemas de seguridade viaria.

"A proposta aprobada pasará por unha mellora da estrada ensanchando dito vial e así substituir curvas perigosas no mesmo así como todas aquelas actuacións que se deriven do estudo e anteproxecto que realizarase segundo a aprobación plenaria do día de hoxe", explicou o concelleiro do PSOE e candidato a alcalde dos socialistas.

González informou que "Unha vez ese proxecto este listo poñeranse a disposición os terreos necesarios para dita obra e a Deputación de Pontevedra e o Concello de Nigrán asinarán o convenio que de inicio as obras dun proxecto de grande importancia para o concello e Chandebrito."