Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Once empresas presentan as súas ofertas para a realización das obras de San Roque.

Once empresas presentan as súas ofertas para a realización das obras de San Roque.

Correo-e Imprimir PDF
Rua San Roque

Once empresas presentan as súas ofertas para a realización das obras de “Urbanización da rúa San Roque de Camos” por un montante de 735.710,47€. O próximo luns día 20 de decembro abriranse os sobres coas ofertas económicas e técnicas e no mes de xaneiro iniciaranse unhas obras que rematarán no primeiro semestre de 2011, segundo informou o concelleiro de Urbanismo Juan González.

A Mesa de Contratación ven de abrir os sobres da documentación administrativa das ofertas presentadas por once importantes empresas que urbanizarán de xeito definitivo a rúa San Roque, vía que corta transversalmente a parroquia de Camos e unha vía de comunicación fundamental para o crecemento ordenado do Concello de Nigrán e fundamental para as comunicacións de este Concello unha vez o Parque Terciario de Porto do Molle inicie a súa actividade.

COVSA, Construcciones Pérez, Construcciones Vale, UTE Rey Solla/A Sampana, UTE Hidromiño-Movexvial; Nadom, Hidroscivil, Proyecta, Pacsa, UTE Camos (Xestión Ambiental de Contratas-Pavimentos Meaño) e Aldasa optarán a 2ª Fase da Urbanización da Rúa San Roque de Camos, por unha cantidade de 735.710,47€ que permitirá a urbanización completa da rúa San Roque de Camos .