Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Despois de 12 anos, a parroquia de Camos terá urbanizada a rúa San Roque.

Despois de 12 anos, a parroquia de Camos terá urbanizada a rúa San Roque.

Correo-e Imprimir PDF

A rúa San Roque  atravesa de Norte a Sur a parroquia de Camos,  e logo de 12 anos de espera, os veciños verana  rematada no primeiro semestre de 2011,  de se cumprir os prazos establecido no prego de cláusulas administrativas para a contratación da obra, publicado polo Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Logo de obtido o financiamento a través do convenio con Porto de Molle, o goberno municipal de Nigrán comezou as negociacións cos veciños a fin de obter a cesión dos espazos requiridos pola obra, tarefa sempre delicada segundo informou Juan González, Concelleiro de Urbanismo do municipio.

Finalmente o domingo pola noite os últimos veciños  asinaron a autorización, con o cal queda xa todo pronto para unha vez feita adxudicación da licitación, comecen  as obras no mes de xaneiro.

O goberno municipal, ten agora a tarefa de conseguir os permisos de cesión dos propietarios do tramo alto da vía, que chega ao Torreiro de San Roque, e que representa un 5%  do total da estrada. A pedido da asociación veciñal, a administración acelerará as negociación cos poucos veciños que faltan a fin de concretar a finalización da totalidade da obra.

A licitación da obra, ten un orzamento base de 623.483,25 euros (sen IVE), e as empresas interesadas terán ata o 30 de novembro para presentarse ao concurso de ofertas. Unha vez resolto o mesmo, comezarán os traballos os que deberán cumprir cas orientación contidas no proxecto presentado polo goberno municipal ,  recollidas do proxecto encargado ao Estudo  A. Moreno S.L., de Vigo.