Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A candidata a alcaldesa polo BNG Nigrán Cristina Fernández, deu a luz unha parella de bebés.

A candidata a alcaldesa polo BNG Nigrán Cristina Fernández, deu a luz unha parella de bebés.

Correo-e Imprimir PDF
Cristina Fernández nunha xornada militante en xanerio de 2011.

Cristina Fernández Piñeiro, candidata a alcaldesa de Nigrán polo BNG é a recente nai dunha parella de bebés. Os pequenos chámanse Xenaro e Begoña. O parto foi o pasado martes 25 logo dunha cesárea. As criaturas naceron setemesinas e atópanse ben pero baixo coidado médico en incubadora. A nai aínda que delicada tras a cesárea está recuperándose e encontrase feliz segundo anunciaron fontes nacionalistas.

A pesar do seu estado de gravidez, Fernández mantivo ata hai poucos días unha nutrida axenda como cabeza do BNG de Nigrán. Segundo informaron os seus compañeiros de partido, a candidata a alcaldesa e recoñecida deportista, levaba moitos anos nunha loita que culminou felizmente nas últimas horas.