Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O porto de Panxón permanecerá pechado á circulación de vehículos o sábado 22 de xaneiro.

O porto de Panxón permanecerá pechado á circulación de vehículos o sábado 22 de xaneiro.

Correo-e Imprimir PDF
obras_porto_panxon

O próximo sábado 22 de xaneiro de 2010 permanecerá pechado o acceso a vehículos no porto de Panxón debido as obras de reordenación e humanización do espazo portuario, informou o Concello de Nigrán. O asfaltado e aglomerado do vial de acceso ao espigón do peirao obrigan a este peche mais estará permitindo o acceso peonil a todo espazo portuario, comercial e de restauración, afirma a administración municipal.

O Concello de Nigrán agradece a comprensión de veciños, hostaleiros, mariñeiros e visitantes e pide desculpas polas molestias que podan causar.