Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Juan González acusa á Xunta de por freos ás obras do porto de Panxón por intereses electorais.

Juan González acusa á Xunta de por freos ás obras do porto de Panxón por intereses electorais.

Correo-e Imprimir PDF
As obras no porto de Panxón deberían estar rematadas dende Semana Santa, segundo Juan González.

O Concello de Nigrán denuncia que a " Xunta de Galicia frena de xeito electoralista as obras de humanización do Porto de Panxón". A última adxudicación do goberno de Emilio Pérez Touriño na Xunta de Galicia para Nigrán "foi reordenación do Porto de Panxón", informan dende a Concellería de Urbanismo, e agora "sufre a paralización intencionada da Xunta de Galicia co único obxectivo de que non poida ser finalizada antes das eleccións municipais sen ter en conta o inmenso dano que se lle está a facer a economía, o turismo e a restauración de Panxón e Nigrán".

O primeiro Tenente de Alcalde e candidato do PSOE nas vindeiras eleccións municipais, Juan González, informou que un só obreiro traballa "ao fronte dunha obra que tiña que estar rematada antes das vacacións de Semana Santa". González opinou que o parón "deixan unha triste imaxe dun Porto que debía estar xa totalmente rematado."

Dende o goberno de Nigrán se esixe a Portos de Galicia e á Xunta de Galicia que "non antepoñan os intereses do Partido Popular aos da economía e os veciños de Nigrán, e rematen canto antes unhas obras aprobadas e consignadas en 2009 e que a desidia do partido Popular fai que aínda estean sen rematar".