Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Saneamento en Fonte do Ouro e pavimentación en varias rúas de Nigrán.

Saneamento en Fonte do Ouro e pavimentación en varias rúas de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
O Concello de Nigrán inviste  84.319,86€   en pavimentar diversos viais do Concello e no saneamento de Fonte Douro

A empresa COVSA está realizando traballos de pavimentación nos viales Rúas Valle Inclán, Romana Baixa, accesos ao Camiño do Ferrador na Ramallosa, e Rúa Areosa e Lourido informa o Concello de Nigrán. As obras comezaron o pasado luns 17 de xaneiro e ten un orzamento 31,567,53 euros co- financiados pola administración municipal, a Deputación de Pontevedra e mais o Ministerio de Política Territorial y Administración Pública do goberno nacional. Os traballos consistirán no barrido e limpeza da fuperficie a pavimentar, colocación da capa de rodadura e o recrecido de arquetas.

Asemade este convenio entre as tres administracións permitirá completar o saneamento na parroquia de Nigrán por un importe de 53.752,33€ e dando servizo á zona coñecida como “Fonte do Ouro” no Barrio de Vilamean