Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

CxG denunciará ao Concello de Nigrán ante a Policía Autonómica por dano reiterado do ecosistema dunar.

Correo-e Imprimir PDF

duna praia_america-Denuncian a alteración do período de cría da especie protexida da Píllara no complexo dunar de Praia América.

Compromiso por Galicia (CxG) denuncia a "necedade" do goberno de Nigrán por organizar unha xornada de coñecemento do sistema dunar en pleno proceso de nidificación dunha especie protexida, como é a Píllara galega.

O BNG pedirá explicacións ao alcalde pola carga contra os afectados das preferentes en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

 

preferentes pleno nigran febre 2013-Os nacionalistas lamentan que Nigrán sexa o único Concello onde se cargou contra os afectados, pese a haber protestas deles en case todos os municipios do sur da Pontevedra

O Portavoz municipal do BNG de Nigrán, Xavier Rodríguez, pedirá explicacións no próximo Pleno sobre os incidentes ás portas da casa consistorial, mentres se desenvolvía o Pleno de aprobación dos orzamentos de Nigrán. O Bloque lamenta que despois de que as protestas dos afectados recorresen un bo número de concellos e, incluso, a mesma deputación de Pontevedra, sen que fose precisa ningunha carga policial; sexa precisamente “o noso Concello o que acapara os medios informativos por disolver con porras aos concentrados diante da casa do concello”.

O “Big Brother” non funciona en Nigrán e o alcalde non atopa o software que dirixe as cámaras.

Correo-e Imprimir PDF

camarasramallosa-O sistema de vídeo vixilancia instalado en 2010 xera unha morea de acusacións entre as agrupacións municipais de Nigrán.

O sistema de vídeo-vixilancia espallado polo concello de Nigrán dende o 2010 non están en funcionamento a pesar de que a súa instalación tivo un custe de 115.882,86€ con cargo ao Plan E. O sistema inarámico debía permitir vixiar durante as 24 horas lugares estratéxicos do municipio como o entrono da discoteca situada na Ramallosa, a casa consistorial, cruces perigosos en varias estradas ademais da zona da costa. A obra foi executada durante o goberno de Efrén Juanes (PSOE) mais quedou pendente a súa activación dos permisos da Subdelegación provincial do goberno, segundo sinalan fontes socialistas. O actual alcalde Alberto Valverde (PP) afirma que no Concello non se atopa o software necesario para a súa posta en marcha e a policía local carece de información sobre o sistema. Pola súa banda, os socialistas din descoñecer que fixo o alcalde co "software" e aseguran que o proxecto contou co visto e prace do anterior xefe de policía de Nigrán.

O alcalde de Nigrán criminaliza a un enfermo de cancro por levar o seu rostro tapado durante a protesta polas preferentes

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe - Concello de Nigrán (O rostro desta imaxe foi pixelizado por valminor.info xa que a súa difusión e publicación non foi nin está atorizada polo retratado.)Ser o único manifestante que levaba o seu rostro cuberto, foi motivo suficiente para que o gabinete de prensa do concello de Nigrán difundise a súa fotografía a todos os medios de comunicación e o responsabilizase, dado que era o único manifestante coa cara cuberta, de actos "violentos" e "hostís" que xustificasen a carga da policía local no pleno de onte en Nigrán.

A persoa levaba o rostro e todo o seu corpo cuberto para evitar a súa exposición ao sol por mor do tratamento que recibe para combater a súa enfermidade.

A presión dos estafados polas preferentes chega ata os domicilios dos alcaldes do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

O alcalde de Nigrán retira os autocolantes do seu domicilio -Imaxe Concello de Nigrán Os alcaldes do Val Miñor sinten de cerca a presión dos afectados pola estafa das preferentes que a final de ano terán que asumir unha perda de máis dun 43% dos seus aforros logo do acordo firmado polo goberno de Rajoy con Bruxelas para poder acceder aos millóns de euros para o segundo rescate da banca española.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL