Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Preto de cen veciños de Nigrán presentan un escrito pedindo o arranxo da estrada de Chandebrito a Valadares.

Correo-e Imprimir PDF

Próximo dun centenar de veciños de Nigrán presentan sinaturas ao Concello pedindo a urxente reparación da estrada da Lapela, polo gran perigo que segundo denuncian presenta o tramo descendente que vai entre as parroquias de Valadares e Chandebrito.

O PSOE de Nigrán lembra ao alcalde que o remanente favorable do Concello débese ao esforzo dos veciños.

Correo-e Imprimir PDF

P1010340O PSOE afirma que o actual saldo favorable das arcas municipais de Nigrán débese ao esforzo que leva facendo a veciñanza desde 2007 e non só á xestión económica do actual goberno do PP. Os socialistas saen así ao cruce do comunicado emitido na mañá deste xoves polo Concello, no que o rexedor Alberto Valverde aseguraba que os actuais 2 millóns de remanente positivo de tesourería debíanse á liña de xestión e control do gasto do seu goberno.

O goberno de Nigrán anuncia un remanente positivo de tesourería no 2012 de 2 millóns de euros.

Correo-e Imprimir PDF

 

auditorio-nigran- O alcalde de Nigrán informa cas arcas municipais presentan un remanente positivo de tesourería de case dous millóns de euros, “tras cinco liquidación consecutivas con remanente negativo, entre 2007 e 2011 incluídos”.
- Adianta que a cantidade sinalada “destinarase a amortizar unha parte considerable da débeda financeira municipal -uns 850.000 euros- e a investimentos municipais -uns 600.000 euros”-. 

-Alberto Valverde ratifica a súa “liña de xestión e control do gasto público”

Fernández Comesaña denuncia que o alcalde lle nega documentación sobre o caso das débedas impagas de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

 

O concelleiro Antonio Fenrández Comesaña (UCN-CDL) acusa ao alcalde Alberto Valverde de negarlle acceso á documentación mediante a cal o rexedor acusoullo de ser o responsable do impago de débedas polas cal o Concello de Nigrán debe pagar agora 170 mil euros por decisión xudicial. O edil presentou un escrito a tal fin o pasado 3 de maio e volveu reiterar hoxe, nova petición, advertíndolle ao rexedor, que “si no prazo de 24 horas non fai entrega da documentación solicitada, poñeremos os feitos en coñecemento do Xulgado de garda, Fiscalía, Xunta de Galicia e a Subdelegación do Goberno”.

Oposición reclama transparencia na convocatoria e selección de 12 postos de traballo no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

 

auditorio-nigran-Esquerda Unida esixe  “a máxima transparencia” na selección e contratación de 12 postos de traballo outorgados ao concello de Nigrán polo Plan de Emprego da Deputación de Pontevedra.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL