Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Fernández Comesaña denuncia que o alcalde lle nega documentación sobre o caso das débedas impagas de Nigrán.

Fernández Comesaña denuncia que o alcalde lle nega documentación sobre o caso das débedas impagas de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

 

O concelleiro Antonio Fenrández Comesaña (UCN-CDL) acusa ao alcalde Alberto Valverde de negarlle acceso á documentación mediante a cal o rexedor acusoullo de ser o responsable do impago de débedas polas cal o Concello de Nigrán debe pagar agora 170 mil euros por decisión xudicial. O edil presentou un escrito a tal fin o pasado 3 de maio e volveu reiterar hoxe, nova petición, advertíndolle ao rexedor, que “si no prazo de 24 horas non fai entrega da documentación solicitada, poñeremos os feitos en coñecemento do Xulgado de garda, Fiscalía, Xunta de Galicia e a Subdelegación do Goberno”.

Fernández Comesaña denuncia que Valverde incumpre a lei, “ao vulnerar gravemente os dereitos que lle asisten aos corporativos, ocultando información, e impedir defenderse de calumnias e mentiras, que só buscan un axuste de contas e linchamiento político”, asegura.